LEÑA VERDE

Para escoitar LEÑA VERDE preme eiqui





O nome de Leña Verde foi escollido no ano 1994 polos fundadores da actual Asociación Cultural e do grupo como lembranza e recoñecemento aos integrantes dunha formación escolar homónima que existira no concello de Pol durante os anos 50 e 60. Aquela iniciativa fora promovida polo mestre Don Daniel Pérez,  docente en Luaces,

Xuntando a un grupo de amigos -dous deles membros da formación histórica- arredor da festa e da música tradicional. Co paso dos anos o grupo musical define a súa liña de traballo e unha estrutura que, con cambios nalgúns compoñentes, se mantén ata a actualidade. Deste xeito, e tras un traballo lento e progresivo, conséguese crear un repertorio propio que amplía pouco a pouco a súa difusión grazas a actuacións por todo o país e fóra del (especialmente en Portugal e Barcelona) . A incorporación dunha sección de danza e baile en 1997 proporciona un compoñente fundamental que, non estando presente nas edicións discográficas, si ten un importante peso no directo.

COMPOÑENTES:
RUBÉN TRIGO: Tamboril, bombo, shakers, ovos, tarrañolas, culleres, caixón, tumbadoras e pandeireta
JOSÉ ANTONIO BRAÑANOVA: Bombo, pandeiro e pandeireta // JORGE FREIRE: Contrabaixo
LUÍS CEDRÓN: Guitarra acústica e eléctrica
EULOGIO RIVAS: Guitarra acústica e eléctrica
CARLOS LÓPEZ: Gaitas, Whistles, pandeireta, triángulo
ÓSCAR TRIGO: Gaitas, Whistles, Piano e Saxo Soprano
JOSÉ BLANCO: Acordeón
PABLO HUERTAS: Acordeón
NOEMI BASANTA: Voz, Pandeireta e Piano
BEGOÑA COYA: Voz e Pandeireta
DARÍO TELLA: Acordeón e Saxo Tenor
XESÚS PENELAS: Saxo Alto
SECCIÓN DE BAILE: Paula Rivas, Raquel Mel, Raquel Honrubia, Laura Méndez, Ana Mª Pérez, Yolanda Rivas, Noemi Basanta, Begoña Coya, Támara Ónega, Naír García e Laura Díaz.

DISCOGRAFÍA






A Contratempo (2010)






Lares (2003)


Leña Verde (1998)





Para máis info: Leña Verde

musica en galego Leña Verde