Para escoitar EXTENSIÓN AGRARIA preme eiqui
son:
Hervy (voz),
Alejandro (guitarra),
Adrián (baixo),
Nacho Eiros (batería),
Xermán Viluba (guitarra),
Un concerto improvisado na praia da Riboira de Baltar durante o Festival da Chaira da Pastoriza deu pé, ante o inesperado éxito desa actuación, á recuperación do grupo Extensión Agraria.
Retomar o nome dunha mítica banda meirega -operativa nos 90- foi unha aposta para axudar ós dous membros máis veteranos da banda, Xermán e Nacho, «a supera-la crise dos case 40 anos».
Malia a non ser ningún de alí, elixiron Bretoña como base. Ensaian nun local cedido no teleclube e só teñen palabras de agradecemento para os edís Elva Carreira e Carlos Riveira, para os veciños de Bretoña, que ata acoden aos ensaios, e para A Chaínza polo seu impulso.
Eles gostan defínirse coma unha banda bravú e xa están a traballar en Vegadeo na gravación do seu primeiro EP, cunha portada deseñada por Pirucha e cinco dos seus temas máis representatativos: ‘Parcelaria Nom’, que dá nome a xira ‘Parcelaria Nom Tour’; ‘Xompaina Arxina’ (compañeiro canteiro), unha peza cantada no antigo dialecto dos canteiros; ‘Pagaralo coa salú’, en agradecemento ao labor de NovaGalicia coas preferentes, e a balada que non pode faltar en ningún grupo de rock, ‘No esterco nacen as mellores flores’.
O quinto tema será unha sorpresa para os siareiros -chamados antifa-ns ex-tensión-, que compren o EP, e xa adiantan que se distribuirá por cauces pouco convencionais, coma os repartidores do pan ou os ultramarinos «de toda a vida».
O que queda claro é que teñen en que escoller: ‘Gusa’, o único tema que cantan da antiga formación; ‘Múxeme’, en solidaridade co sector agrogandeiro; ‘Ei Alcalde!’, un tributo ás corporacións municipais... E é que nin Feijóo, nin Urdangarín, nin o Rei, nin os pirómanos se escapan da súa ollada.
CONTACTO:
ex.tensionagraria2@gmail.com
tel: 627535993. Rodrigo (Hervy. cantante)