Para escoitar IAGO FERNANDEZ preme eiqui
Iniciou os estudos musicais no Conservatório Profesional de Música de Cangas, especialidade de Percusión. Entre 2002 e 2006 frecuenta o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (spjp) cos profesores Abe Rábade e Paco Charlín. En 2005 e 2006 assiste ao Workshop de Tavira (Portugal) onde recibe clases de Tony Moreno, John O'Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing.En xullo do 2007 é finalista do Concurso Internacional de grupos do Festival de Jazz de Getxo co grupo Mr. Chacho, teloneando ao mesmísimo Charlie Haden. Dito grupo tamén foi seleccionado polo instituto da xuventude (INJUVE). Ten participado en Master Classes con Miguel Zenón, E.J. Strickland, Jeff Williams, Donald Edwards, Jonathan Blake, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Aaron Goldberg, Mike Moreno, Marcus Strickland, Lage Lund, Logan Richardson, Ambrose Akinmusire, Greg Rugiero, Jaleel Shaw, Jonathan Kreisberg, Jesús Santandreu, Bruno Pedroso, Carlos Barreto, Joao Moreira, Mario Barreiros e Ramón Angel Rey entre outros. En Agosto do 2009 participa no "Begues Jazz Camp" onde recibe clases de Ben Street, Mark Turner, Jordi Rossy, Ben Monder e Michael Kanan. En Xuño de 2010 gradúase no centro superior de música do País Basco (Musikene) na especialidade de jazz-batería, no cal recibiu clases de Jordi Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein, Chris Kase y Guillermo McGuill entre outros. Aos seus 23 anos xa ten tocado nos mais importantes festivais de jazz da península (Getxo, Madrid, Ibiza, Pontevedra, Lugo, San Sebastián, Vigo) ademáis de Guayaquil e Quito (Ecuador) con músicos moi reconocidos internacionalmente como son Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Judy Niemack, Jordi Rossy, Paco Charlín, Nelson Cascais, Abe Rábade, Guillermo Klein, Demian Caboud, André Fernandes, Pedro Moreira, Javier Vercher, Andrzej Olejniczak, Román Filiu, Vrxilio da Silva e Xan Campos entre outros. Tamén gravou xa unha decena de discos, entre os que destacan Sound Colors de J.Santandreu, Guruka de N.Cascais, Canjazz Reunion de Canjazz Reunion e Evolution de Vistel Brothers. ..
Iago Fernández, batería natural de Cangas, preséntanos o seu primeiro disco gravado nos Boom Studios en Vilanova de Gaia que leva por título Agromando. Exceptuando o saxofonista (neste caso Pablo Castaño) todos os músicos que o acompañarán son os mesmos que no disco, o cal se pode adquirir por só 10€. O espectáculo incluirá un decorado especial para a ocasión e promete moita enerxía e interacción entre os músicos.
Pablo Castaño (saxo alto)
André Fernandes (guitarra eléctrica e acústica)
Virxilio Da Silva (guitarra eléctrica)
Xan Campos (teclado)
Demian Caboud (contrabaixo)
Iago Fernández (batería e composicións)
Andrés (técnico de son)
musicaengalego iago fernandez
musica en galego iago fernandez