PALOMA SUANZES

Para escoitar PALOMA SUANZES preme eiqui


Paloma Suanzes é esencialmente música; arranxa, compón, interpreta e disfruta de cada faceta musical que se lle presenta no seu camiño artístico. Nútrese da música antigua, da tradición galega, da música folk (do mundo) ademáis das súas propias emocións e inquedanzas  e do que lle inspiran poemas de escritores novos pouco coñecidos  e dos xa consagrados.

DISCOGRAFÍA.


Feitizo
1999 «Feitizo» Disco grabado en As Pontes por Paco Jarel. Sen Editar de Momento.
músicos: Xurxo Lois Varela (arreglista), Alicia Valle (flautista), Ana Pérez (Voces e percusión tradicional) e Paloma Suanzes Voz e Guitarra.


 Feitizo
1.- CURUXA
2.- QUAND´ORA FOR...
3.- MANDAD'EL COMIGO
4.- ZÉFIRO
5.- DON GAIFEROS DE MORMALTÁN
6.- FEITIZO
7.- A FASQUI DE PEDRA
8.- VENTO
9.- ERVEDEIRO
10.- FIA NA ROCA
11.- FOLIADA DE FOLGOSO
12.- VAMOS INDO

  

1999. Agosto-outubro «Feitizo» editado por Runa Records.
productor artístico; Daniel Sisto.
productor executivo; Juan Felpeto Ventureira
Músicos que participaron;
Os principais arranxos musicais dos temas foron a cargo de Pablo Pérez e Ramón Feáns ademáis de Xurxo Lois Varela.  Cada músico participou no disco aportando novas ideas cos seus instrumentos. Os músicos deste Disco son;
Pablo Caramés ( percusión. Do grupo Dhais), Pablo Pérez (Baixo eléctrico),
 Ramón Feáns (Bouzouqui e guitarras acústicas), Xurxo Lois Varela ( Viola de Gamba e chelo. Membro de moitos grupos de música antigua entre eles Mal Andança),
Ana Pérez ( voz, pertencía ó grupo folklórico Donas e Galáns), Ana Jesús Sánchez (voz, cantante de Martin Codax), Bugliot (gaita Vulgara e flautas), Luis (Batería) , Xan (mandolina. Do grupo Fía na Roca), ALmudena ( piano), Roberto Grandal (Acordeón), Juncal ( Violín), Nuria de León ( Arpa e Flautas), Pablo Sax ( Saxofón soprano).

De todos estes músicos formouse unha Banda con Nuria de León, Pablo Pérez, Jacobo Gallego, Chiri  (Ramón Feáns), Pablo Caramés e Pablo Sax coa que se realizaron varios concertos de presentación do disco.

Presentación do Disco en Galicia:

Ferrol; na Concatedral de San Xiao , Neda; (Concello de Fene) con Nuria de León ( harpa e flautas), Fene; no Teatro Perla, Coruña; no Pub ?La Terraza?e no Forum Céltico, Vigo; na Sala Sete Mares Santiago de Compostela; no salón teatro da fundación Caixa Galicia ( Novembro, Decembro do 1999), Casa das Crechas ( Xaneiro do 2000).

As Pontes; no teatro Alovi (xaneiro do 2000).


Presentación do Disco fora de Galicia.

Xira de «Artistas en Ruta» organizada pola
A.I.E.( Asociación de Intérpretes e Executantes). Oviedo na Sala Santa Sebe, Valladolid no Pub Tio Molonio, Salamanca na Sala El Corrillo, Plasencia- Cáceres na Sala Salamandra, Madrid na Sala Clamores. (Abril- Maio do 2000)















musicaengalego paloma suanzes
musica en galego paloma suanzes