MERCEDES PEON


Para escoitar MERCEDES PEON preme eiqui

Naceu en 1967 e aos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en Universidades como La Sorbone, O Porto, País de Gales etc.







Mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica de Nut

Na leira

diálogo co espazo natural e inspirándose nas composicións do fotógrafo galego Virxilio Viéitez.

Esta intervención sonora e audiovisual conta coa colaboración de artistas como Laura Iturralde, iluminadora e escenógrafa, e Peque Varela, videocreadora e directora.

https://www.youtube.com/watch?v=r707zqQo72w



Deixaas (2018)

Mercedes Peón racha clichés estéticos e musicais, dá un paso máis na súa carreira e lévanos á evolución natural e contemporánea da súa música: mestizaxe entre industria e artesanía, vangarda e tradición entretecidas. É difícil atopar artistas similares no mundo que igualen a cima musical, estética e conceptual acadada por Mercedes Peón en DEIXAAS.

 A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirritmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.

MERCEDES PEON DEIXAAS
https://www.youtube.com/watch?v=iWIe7uyi24o

"Deixaas" é unha metáfora ancorada na industria naval de Ferrol, unha conceptualización de realidades que visibiliza o tecido social e cultural no mapeo sonoro subxectivo.



Sen abandonar as raíces da tradición que teñen convertido a Mercedes Peón nunha das artistas internacionais máis carismáticas do eido musical internacional, o seu novo traballo “DEIXAAS” incorpora unha faceta inspirada en espazos sonoros con sons a partir de gravacións en estaleiros navais, incorporando o poder evocador do formato poético ou proporcionando o contraste do piano atmosférico. Diferentes universos nun traballo producido con gran minuciosidade e que conta coa participación de Ana Fernández e Mónica de Nut.

Deixaas
Mk
Particulas
Plataforma
Tras o Muro
Cabelo
Linguas Elementais
Ela Propón
Cabo de Min
Transición
Olores Perdidos
Son os once temas que compoñen o universo creativo creado por mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica de Nut.

DISCOGRAFIA PREVIA:


2010

" un disco "conceptual" e cheo de emocións e sensacións recollidas pola cantante o longo das suas viaxes  polo mundo."

 







sihá  2007
As súas composicións crean unha particular atmósfera case rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.
"Ben linda", "Ingravida", "Aiché", "Carencias", "A mina"  ,"Igualiña que os antigos"  , "Parala", "Intermezzo" ,"As ás ", "Ajarrate".


Ajru  2003
As súas composicións crean unha particular atmósfera case rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.
 ,  "Neninue", "E xera", "Maria 2", "Ese es ti", Ajrú (primeira parte)", "Ajrú (segunda parte)", "Nanareggae", "Maria 1", "O meu amigo - Etnica", "Momentos", "Marmuladora".




isué  2000
Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué. Expresouse libre de clichés, e espallouse polo eido internacional sen ningún esforzo mediático.
"Isué", "Sombra e Luz", "Non me mires", "Marabilla", "De seu", "Cantar de bois", "Deixa", "Elelé", "Serea", "Adorro", "O mar".






Máis info en:

Comunicación 


musica en galego mercedes peon