Novas Agosto 2021

DOEN
Nerea

Videocreación por Xoán Tourís Dopico

Coa colaboracion de: Manuel Seixas

https://www.youtube.com/watch?v=_qLV8fGJdAg


Osdabaixo
MUIÑEIRA DO VERDELLINHO

As creadoras do mesmo son as rapazas de @seimeiraproducions, unha pequena produtora audiovisual formada por Reich e Sonia García. Dúas mulleres da ría da Arousa, fotógrafas e videógrafas instaladas en Compostela.

Tema incluido no seu novo proxecto Somos a pedra

https://www.youtube.com/watch?v=QFpXz56Y6Ms


Osdabaixo
Somos a pedra

Con máis forza ca nunca, volven con novas músicas Osdabaixo.

Podedes participar na súa campaña de micromecenzgo no enlace:

https://www.verkami.com/projects/30886-os-dabaixo


Mañá 03/08/2021 inaugúrase a mostra
Ruxe Ruxe (1996-2001): 25 anos de universo gráfico

A apertura da mostra será mañá ás 13:00 horas na ZONA ZONA C. Punto de Información Cultural de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 1 - Praza de Cervantes), onde quedará instalada ata o remate do mes de setembro.

A mostra reúne parte da inmensa colección de material gráfico e audiovisual creado por grandes profesionais do deseño e a ilustración arredor da banda Ruxe Ruxe, que celebra este ano o seu 25 aniversario.



Xosé Manuel Fernández "Muxicas"
PEZAS GUAPAS PARA GAITA, PARA ZANFONA E ACORDEÓN Vol1

Veño de engadir no apartado libros a entrada adicada a esta obra de partituras para aprender, pefeccionar ...

Os enlaces, contacto, etc. tendelos en:

https://musicaengalego.blogspot.com/2020/08/pezas-guapas-para-gaita-para-zanfona-e.html


Dios Ke Te Crew feat. Boyanka Kostova
OG

"OG" é o primeiro video-sinxelo de adianto do vindeiro EP de Dios Ke Te Crew.

Música: Mou

Gravado e mesturado por Mou en Rapapoulo Estudios, Ordes.

Mastering: Cem Oral ( Jamming Masters Studios, Berlín.)

Vídeo coa dirección de : Xaime Miranda

https://www.youtube.com/watch?v=A-UROV8F1AY


St.
Arrolo

Letra : Adaptación da primeira parte do poemario "Intempériome" de Xela Arias

Produción, mestura e master: Peter Petrowski

Coros: Temible Olivina, O Rabelo, Xela Arias

Clarinete: Fernando Abreu

Gravación: Pancho Suárez en Estudio Planta Sónica 2

Produción Audiovisual: Pixelize

https://www.youtube.com/watch?v=291EqoGQD68


Rebeliom do Inframundo
LUMINARIAS !

Letra : Nervo

Instrumental : Antidote Beats

Scratch : Dj Pol

Gravado e misturado por Frank Huxley em Lume estudios.

Videoclipe : albertolora / galunkproducions


https://www.youtube.com/watch?v=9F162FrxIRE


 

MÁIS NOVAS EN:  

https://musicaengalego.blogspot.com/2021/07/novas-xullo-20121.html