COMPOÑENTES :
Pablo (batería),
Pedro (baixo),
Marcial (guitarra e voces),
Jorge (guitarra e voces),
Martín (teclado e hammond),
Inés (trompeta),
Julen (trombón),
Laszlo (trompeta),
Rosalía (saxo alto).
Alenta o mar (2016)
1.Ti poderás
2.Ladróns
3.Camiñando polo barrio
4.Parvo de máis
5.A xente do mar
6.Non queres espertar
7.Un pobo en pe
8.A esmorga
9.Nós somos máis
10.Agardando por ti
11.Rexurdir
Xa podedes escoitar e descargar o novo disco de Trapallada "Alenta o mar" desde o seu Bandcamphttps://trapallada.bandcamp.com/album/alenta-o-mar
E tamén no Youtube:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLM9uCGClVmoFcBOc2yo5jtbXaoARSr4e2
TRAPALLADA - "A XENTE DO MAR"(ALENTA O MAR)
gravado entre os meses de marzo e maio do ano 2016 nos estudios "La MusikAlta" (Bueu) de Fran Domínguez, baixo a produción de Martín McFly, mesturado por Byktor Gómez (Psykiatriko Records) e masterizado por Jose Triay (NW Mastering).
Videoclip: IDEAS OCTOPUS FILMS
Videoclip: IDEAS OCTOPUS FILMS
Guns of Monte Alto (2015)
No outono do 2015, inmersos na celebración do décimo aniversario da banda, entran a gravar un EP en formato analóxico. Este leva o nome de Guns of Monte Alto, no que se atopa, entre outros temas, a adaptación skatalítika dunha versión adicada ó R.C. Deportivo da Coruña co título de "Tan so por ti".Podedes escoitar e descargar en :
https://trapallada.bandcamp.com/
TRAPALLADA - Tan so por ti (DEPORTIVO)
Videoclip making off do EP Analóxico: Trapallada Dez Anos "Guns of Montealto"!!
O tema vai adicado ó R.C. Deportivo da Coruña, equipo da nosa terra e polo que temos unha grande paixón!
Foi gravado e mesturado en analóxico en Cambridge Records(Cambre) e masterizado en Psykiatriko Records(Bueu) en outono do 2015.
Biografía :
Trapallada é unha banda do barrio de Monte Alto (A Coruña) formada no ano 2004.
A súa música é unha mestura entre ska, punk e raíces, moi influenciada por grupos da Galiza (Os Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Skárnio…) e tamén por bandas estatais (Kortatu, Skalariak…).
A primeira formación componse de Jorge e Marcial ás voces e guitarras, Pedro ó baixo e Rafa á batería. De seguido chegan os primeiros concertos, nos que tocan sobre todo versións.
No ano 2005 gravan a primeira maqueta, O peor de cada casa, que conta con seis cancións propias e unha versión.
Outra Vez
Revóltate
Palestina
Galiza baila ska
O noso barrio (Monte Alto)
Boneheads
Somos la venganza
A acollida é boa e comezan a traballar en novas músicas. Neste tempo incorpóranse dous ventos ó grupo, Inés á trompeta e Arno ó trombón, aportando novas melodías, ideas e arranxos.
Despois de tocar por todo o país entran novamente no estudo para publicar no ano 2008 o seu primeiro disco 15002 - Espírito de loita, no que aparecen doce temas novos, moitos dos cales convertiranse en himnos. Nesta estapa a banda amplía fronteiras tocando en varios puntos de Asturias e Euskadi.
Despois dun período de inactividade a banda retoma os ensaios con algúns cambios na formación. Entra Pablo á batería e Rafa pasa ó saxo.
No 2012 publica Pedras no camiño, cunha notable mellora tanto no son como na madurez dos once novos temas.
Este traballo conta con colaboracións de luxo como Xurxo Souto e un dos músicos nóveis máis importantes de Irlanda, Padraig Keane.
O album foi gravado en Estudios Amil e masterizado en Estudio A Ponte, por Tomás Ageitos.
Tras varios concertos e festivais a banda medra coa incorporación de Martín ó hammond e ó teclado, proporcionando novos sons e arranxos que enriquecen os temas.
Nos meses seguintes vanse reforzando cunha sección de ventos máis potente a medida que se van sucedendo os concertos e importantes festivais como o XXXV Festival de Pardiñas (Guitiriz) ou o Castelo Rock (Muros). Á incorporación de Julen ó trombón sumáronse a de Laszlo á trompeta e Rosalía ó saxo alto.
Trapallada (Pedras no Camiño) Guerras por negocio
Actualmente atópanse compaxinando os concertos coa produción do que será o seu terceiro traballo longo, que se gravará nos próximos meses.
CONTACTO:
trapalladaskacorunha@hotmail.com trapalladaskacorunha@gmail.com
Redes Sociais e Multimedia
Youtube
Bandcamp
Móbil (Jorge): 617918400
Móbil (Martín): 661128057