Banda Crebinsky é unha pequena orquesta popular surxida
dun universo imaxinario, fuxida do film Crebinsky. Do mesmo xeito, as
súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, percorren
as rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía.
Unha historia ben interesante. Si houbera que etiquetar o seu estilo,
pronto teríamos serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas
expresións coma “composicións eclécticas-delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente”
que nos aproximaría un chisco á realidade. Da sua escoita reflexiva
evidénciase un traballo musical de grande calidade, cheo de detalles e
minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non
obstante, é casi imposibel escoitar todo o seu espectáculo de xeito
reflexivo, pois é a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky
invita á festa sen paliativos.
Os integrantes da Banda Crebinsky teñen un amplo bagaxe musical e unha
gran capacidade de integración das suas experiencias i estilos
persoales, dende o klezmer ou do folk ó jazz, rock, música clásica ou
experimental.
En 2010, publican o seu primeiro disco titulado “Banda Crebinsky”, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero.
A partir de este momento comenzan a ofrecer concertos en diversos
formatos: Universo Crebinsky (película con actuación da Banda), Banda
Crebinsky... participando en eventos como XXVI Festival Intercéltico de
Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de concertos “Veranos de
la Villa” no Teatro Conde Duque (Madrid), ou o Teatro Majestic Passy
(Paris) entre outros.
Tamén en 2011 reeditan con Fol Musica un DVD que
inclue a película, a BSO e un directo que Banda Crebinsky ofreceu en
octubre de 2010 no Teatro Principal de Pontevedra.
Agora sae á venda o seu segundo disco “Jet Lag” no cal
a Banda opta por un sonido máis ecléctico e directo, rápido no cambio
de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas nun viaxe a un
mundo en constante metamorfose.
Este disco de 50 minutos contén 12 temas, mezcla temas cantados e
instrumentáis, dentro deste segundo grupo pertenecen “ Dúas mulleres”,
¨Chai ¨o “ Lulu is coming”