AGADIC INFORMA AS SOCIAS E SOCIOS SOBRE A OBRIGATORIEDADE DE ALTA NA S.S.

Estimad@ soci@s,

Ante as continuas consultas sobre os novos requisitos para a inscrición nas redes xestionadas por AGADIC (en concreto para a Rede Galega de Música ao Vivo), queremos aclarar algunas cuestión sobre as novidades incluídas.

Dende Músicos ao Vivo consideramos que estes novos requerimentos van na senda da dignificación da nosa profesión, e da toma de conciencia de tódolos sectores implicados na Música ao Vivo.


OBRIGATORIEDADE DE ALTA NA S.S.

O punto máis importante a ter en conta é que en todas estas redes será obrigatorio a presentación dos boletíns de cotización da S.S.

É dicir, todos os membros dos grupos contratados dentro desta rede, deberán estar dados de alta na seguridade social no momento de realizar os concertos. Xunto coa factura que presenten á AGADIC, deberán presentar documentación acreditativa de alta na seguridade social (Modelo TA2, resolución sobre o recoñecemento de alta na seguridade social ou recibo de autónomos). Este requisito aparecerá reflectido nos contratos que se asinen entre AGADIC e os grupos.

É importante, tamén, ter claro que nin AGADIC nin as salas tramitarán esas altas, polo que serán os propios artistas os encargados de buscar o mecanismo para facelas.


TÁBOA SALARIAL DE MÍNIMOS

Para garantir a viabilidade de dita esixencia, introdúcese unha táboa de mínimos co fin de facer efectiva a cobertura laboral de tódalas actuacións da RGMV no 2013. A táboa de mínimos é progresiva en función do número de músicos de cada actuación.

- 1 compoñente 165 €

- 2 compoñentes 225 €

- 3 compoñentes 295 €

- 4 compoñentes 370 €

- A partir de 5 compoñentes 395 €




BILLETEIRA

A recadación da billeteira do día da actuación será negociable entre o grupo e a sala. Será unha decisión da sala e do grupo decidir se a recadación se reparte e en que condicións.


PROCEDEMENTO PARA DAR DE ALTA AOS MÚSICOS

Músicos ao Vivo pon á disposición dos seus socios e dos músicos galegos a posibilidade de facturar a través das cooperativas de músicos de MUSICAT, en virtude do convenio asinado entre as dúas entidades fai máis de 2 anos.


Para máis información podedes consultar a nosa web (www.musicosaovivo.com) ou poñervos en contacto con nós a través do enderezo electrónico (info@musicosaovivo.com) ou do teléfono 622 894 525.