Leverelem...das artes da fala

O primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.
Leverelem..das artes da fala Son dúas noites de espectáculos senlleiros na cidade de Pontevedra para reflexionar ludicamente sobre a lingua e a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.

En positivo e en galego

Máis de 25 artistas galegos con propostas creadas especialmente para este festival que pretende condensar algunhas das tendencias actuais sobre as artes orais e con vocación de manterse no calendario de actividades da capital do Lérez, referente cultural dentro e fóra da Galicia.

Programa

venres, 5 de outubro
Hora: 21:00
sábado, 6 de outubro
Hora: 21:00

Ligazóns