DESCONCERTO EXPANSIVO

Rememorando o célebre Concerto Expansivo do 1 de Febreiro de 2003, no que se celebraron máis de 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e videográficas simultáneas en toda Galiza, o 1 de Decembro de 2012, aniversario da Marea de Dignidade, A Burla organiza o DésCONCERTO EXPANSIVO. Unha ocasión para celebrar o nacemento daquel movemento social sen precedentes e facer un animado balance da década. A iniciativa está aberta a toda formación musical, teatral ou artistística en réxime de autoorganización e a todas as salas, bares e espazos que se queiran sumar.

No DésCONCERTO EXPANSIVO, como no seu precedente, será lido o Manifesto contra o Silencio, escrito daquela por Manuel Rivas, e que volverá servir de texto básico para identificar as actuacións do cartaz artístico. Tamén será lido o DésCALOGO, o breve texto que serve de base á campaña DésPRESTIGE. Se queredes participar nesta iniciativa podedes contactar connosco a través do correo de A Burla Produción e confirmar a vosa implicación.
Como Organizar
A Burla está confeccionando xa un Banco de Artistas e un Banco de Locais para organizar o evento, no que poderedes solicitar ser incluídos.

A estrutura do concerto consta de dous puntos sinxelos: a lectura dos manifestos e a actuación en si.

Como Participar

1. Se tedes unha actuación xa programada para o día 1 de Decembro podedes solicitar serdes incluídos no cartel artístico e comprometervos a ler os manifestos no inicio da actuación.

2. As salas e locais que non teñades programación para ese día podedes ben solicitar ser incluídas no Banco de Locais desde o que A Burla vos fará unha proposta artística, ou ben organizar pola vosa conta unha actuación con grupos ou artistas da vosa zona.

3. Os grupos e artistas que non teñades programada actuación podedes solicitar a vosa inclusión no Banco de Artistas e desde a Burla trataríamos de asignarvos un local o máis próximo posible á vosa zona. Tamén podedes propor a actuación a algún local da vosa zona.

Suxestións

A través da web d´A Burla iremos poñendo á vosa disposición toda unha serie de materiais (cartaces, vídeos, fotografías, textos, etc…) que vos podan servir para organizar proxeccións e exposicións o día do DésCONCERTO EXPANSIVO.

Se contades con material da época (bandeiras, cartaces, pezas artísticas) suxerímosvos ambientar o local da actuación con imaxes alusivas á Catástrofe do Prestige e ao movemento social.
BANCO DE ARTISTAS
Camarada Nimoy. Grupo musical. Vigo

Chévere. Compañía teatral. Santiago

Volta e Dalle. Compañía teatral. Santiago.
Os Quinquilláns. Compañía Teatral. Brión.
Os Sete Magníficos Mais Un. Clown. Pontevedra
Os Televisores. Punk Rock. Pontevedra-Chantada
Tira do Peito. Rock. Salnés.
Os Mustang. Banda musical. Boiro
Asociación Marearte. Happening. Boiro
Carlos Santiago. Monologuista. Santiago.
Sapoconcho Galego. Dúo Musical. Arteixo-Carral.
Xosé Constenla. Guitarrista. Santiago e contorna
Carlos Torres & Furakao. Pop-Rock. Teo

BANCO DE LOCAIS
Pousada das Ánimas. Boiro
Libraría Lila de Lilith. Santiago
Café Cultural Auriense. Ourense
Café Bar Trece. Santiago
Café Rock Atlántico. Santiago
Mercromina Rock Bar. Santiago
Casa das Crechas. Santiago
Kunsthalle. Santiago
Café Bar El Puente. Santiago
Local Social A Rebusca. Manzaneda
CSA O Fresco. Ponte Areas

MAIS INFO E CONTACTO: A BURLA