ENTREVISTA a INVIVO


Para comezar, ¿quén é INVIVO para os que non vos coñezan?
INVIVO somos una banda de metal-rock-hxc formada por 4 foraxidos debaixo das pedras de Compostela no 2006.Levamos barullando e oubeando estos anos sen pararnos a pensar no dano auditivo,visual ou mental que podemos provocar na poboación,pero somos boa xente.Editamos sen permiso 2 discos(“Introvisión”2009 e”Dogma”2011) ademáis de participar en varios discos recopilatorios(estos con permiso,jeje)e publicamos 2 videoclips.

Acabades de presenta o clip do tema “Dogma”. ¿Qué nos podedes contar del?
Ven sendo o noso 2º video aínda que realmente tiña que estar presentado antes que o de “1940” pero levou un pouco máis da conta remátalo.Ambolos 2 clips son moi diferentes entre eles pero estamos agusto co resultado.

¿Para cando o seguinte?
 Para este disco está ben con 2 clips.Cando se publique outro disco voltaremos a pensar en preparar un novo video.É cedo por agora,con calma,posiblemente para o ano.

¿Publicastedes o voso 2º disco”Dogma”o ano pasado,cómo está sendo a resposta?
Pensamos que en comparación co 1º disco é un disco máis elaborado,con mellores temas e producción.Poidemos facerlle 2 videoclips e,aínda que nos gustaría poder dar máis concertos ,actuamos en mellores condicións e diante de un público máis extenso.

Este pasado verán viusevos por bastantes festivais, ¿qué nos contades ó respecto?
 Nós queríamos máis jajaja.Tendo en conta que a nosa música é complicado tocar en determinados festivais non temos queixa.Tocamos en eventos consolidados como o Brincadeira,Millo Verde,Resurrection Fest,Cruceiro Rock,tocamos o 24 de Xullo na nosa cidade Compostela,…non está nada mal.  

¿Cales son os vosos próximos plans?
Ben,acabamos de publicar o último videoclip”Dogma”,grabamos un tema para un disco tributo a una gran banda galega da cal non che podo dicir o nome xa que pretende ser una sorpresa,pero aseguroche que vai a quedar de 1ª división.Tamén andamos a darlle voltas ós temas que formarán parte do 3º disco de INVIVO que nos gustaría que estivese listo para o ano,a ver como vai indo,pasiño a pasiño.

¿Cómo vedes a escea rockeira galega?
 A escea musical galega en xeral ten un gran nivel.Existen un montón de bandas de metal,rap,rock,etc sacando discos,tocando en grandes festivais e dando o callo nos concertos.Temos una serie de medios de comunicación como Música en galego,Planeta Furancho,Fóra de Control e moitos máis que facedes un gran traballo para dar a coñecer a riqueza musical do noso país.  

¿Qué lle diriades a xente que está a ler esta pequena entrevista e non coñece a INVIVO?e ós que sí vos coñecen?
Ós que non saben de nós pedirlles que dediquen 1 ratiño do seu valioso tempo a ver algún dos nosos clips na internet ou escoitar algún tema no myspace ou donde poidan que ó mellor están a perderse algo que lles pode agradar sen sábelo jejeje.
E ós que xa saben de nós,e aínda nos fan caso,e disfrutan da nosa música pois que moitísimas gracias por darnos a súa cercanía,por seguirnos e que desexamos que lles sigan gustando os nosos temas e concertos.Vémonos,gracias e saúdos!!!!