ENTREVISTA A GENDEBEAT/XENDERAL

Antes de nada ,como me dirixo a ti, por Gendebeat ou por Xenderal? Estou confuso!
Gendebeat é o nome que adoptei nos comezos, cando xa cantaba rap e comezaba a facer beatbox. Agora uso o nome de Xenderal dende que canto ragga, ainda que non deixo de facer rap e beatbox!
Amin pódeseme chamar por calquera, incluso por Carlos ou pola corda.

Como comezaches na música?
Creo comecei nesto por estar algo reodeado por grupos Comecei facendo algunha letra de rap e cantando co meu primo Nitram no seu local. Era por pasar o rato, se saia algo mellor e se nos invitaban a algures, alí íamos. Para meu primo creo que era como un complemento pois el ten o seu propio proxecto moi lonxe do HipHop, é o cantante de Machina. A pesar de non haber traballado en conxunto máis tempo creo que os dous nos foi ben e fumos aprendendo, eu dende logo , xa que polo menos non teño tanta vergoña ou pánico escénico e podo facer as miñas cousiñas.

Entón Machina é unha influencia para ti?
Máis que me influenciara a sua música ou estilo, o cal aprecio e me sinto orgulloso, influenciome a sua compaña e o poder ir ao local de ensaio a velos. Non tanto Machina como grupo e a sua música senon os seus compoñentes como músicos. Si ben eu consideronme un analfabeto, falando en termos de teoria musical, creo que o compartir local e momentos me convenceu para que dera o paso, pois eu sempre quixen formar parte dunha maneira ou outra do mundo da música.

Eso do beatbox, que é e como o aprendiches?
O beatbox, ou máis correctamente beatbox humano é a denominación que se lle da á percusión vocal no ámbito do HipHop e músicas urbanas. É unha técnica vocal pola cal se chegan a imitar instrumentos e facer ritmos. Comeceino a aprender de maneira autodidácta coa axuda de Internet pois caíame de caixón ao ser un dos piares que forman o cultura do HipHop. Como o breakdance non fun capaz de sacalo adiante...
O haber aprendido beatbox fixo, en parte, que me dera a coñecer pois daquela comezaba a ser algo novo aquí na Galiza. Grazas a el gañara daquela o concurso da concellería de xuventude do Concello de Vigo co himno galego versionado en beatbox. A dia de hoxe son eu quen o amosa á xuventude en diferentes obradoiros que fago polos institutos.

Esto do HipHop e os diferentes elementos soame de DiosKeTeCrew. Coñécelos?
Por suposto e teño boa relación con eles. Escoitaba aos seus compoñentes, xunto con outros grupos, facer rap en galego e para min foron unha influencia ben clara. O de poder facer o que che gusta da maneira que che guste. Colaborei coa DKTC nunha serie de concertos nos que eu me dedicaba ao 5º piar do HipHop, ou sexa o beatbox.

Colaboraches con máis grupos?
Si, por suposto cos da casa:. os “neo-vellos” Zënzar. Un grupo que sabe combinar moi ben o que leva facendo xa 25 anos! rock en galego coa máis dispares colaboracións, entre elas eu. Cos carbelleses K-raxe, de estilo metal, tamén grabei nun tema que se chama “Control do mal”. Como ves, colaboro máis con grupos de estilos diferentes aos meus. Será porque cadro máis con eles, e eles agradecen que haxa unha pincelada diferente nos seus concertos.

Eu escoiteite nalgún concerto e exactamente rap non fas. Explicame iso?
Non, pois o haber escoitado reggae e tódolos estilos derivados del ata ser o tipo de música preferida fixo que cambiara un chisco a maneira de rapear. Sigo dicindo as mesmas cousas pero en termos musicais doutro xeito. Agora canto nunha soundsystem de Vigo chamada Selectah in Helicopter que forma parte do colectivo Soundkilla. Nela uso estilos como o ragga para cantar e o beatbox como complemento.


Que é exactamente unha soundsystem?
Trátase dun sistema de son autoxestionado e autónomo. Un conxunto de selectores, o que no HipHop se coñece como Dj, que teñen un equipo de música coas suas etapas e altavoces e que xunto cun xerador de corrente poden, coma quen di, montar a festa en calquer lado!
Selecta in Helicopter xa somos expertos neso e ben coñecidos no mundo das raves galegas.

Para cando un traballo editado de Xenderal?
Si ben neste sentido son un vago, non quere dicir que non estea a facer cousas. Eu sempre invito a virme ver en concerto máis que esperar un cd ou algo así. Ulir a sudor do cantante é algo que a tecnoloxia ainda non nos proporcionou! Despois de todo, o tardar tanto tempo fai que non quede moito para que saque algún traballo.

E por último e para que marches roñando, por que cantas en galego?
Vai rañalo carallo!