GUITARRA CLASICA GALEGA NOVO CD SAMUEL DIZ

Guitarra Clásica Galega, novo traballo discográfico do selo Ouvirmos, fai un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na nosa cultura. Unha viaxe pola nosa historia, da man do recoñecido intérprete Samuel Diz, ao tempo que un canto á guitarra galega que inexplicablemente non fora formulado até o de agora.
Presentamos así unha recompilación de pezas fundamentais que nos levarán desde a década dos 30 no exilio cubano até o século XXI coa nova xeración de compositores galegos. Unha obra que constitúe o primeiro traballo destas características en Galicia realizado desde unha perspectiva viva e universal da nosa cultura. Diz comparte unha visión da guitarra non só a partir dos compositores e intérpretes galegos, senón tamén a través da pegada "que a nosa paisaxe gravou na retina doutros creadores non 'autóctonos'".

O guitarrista e musicólogo Leopoldo Neri destaca o labor de Samuel Diz na recuperación dun patrimonio esquecido ou descoñecido da tradición guitarrística galega. Segundo Neri, "este crisol caleidoscópico de pezas para guitarra, tan esplendidamente interpretadas polo tudense, desvélanos un íntimo e sensual espazo da historia musical galega e, á vez, o vigor compositivo dos nosos días”.

Este proxecto discográfico reúne nun só disco pezas como Violetas, de José Fernández Vide -que nos retrotraen ás veladas musicais ofrecidas polos compositores galegos exiliados en La Habana-, composicións neoclásicas como Pastoral, de Jesús Bay y Gay e da súa esposa Rosita García Ascot, Española -exemplos do renacemento da guitarra nas primeiras décadas do século XX-, a monumental Suite Compostelana de Frederic Mompou, ou Nocturnal (Bal y Gay) de Fernando Buide, primeira peza escrita para guitarra soa en comisión para este disco por un dos autores con maior proxección dentro dos novos compositores galegos.
Guitarra Clásica Galega nace pois como unha obra fundamental para recuperar e preservar unha parte esencial da nosa historia musical.


Track List


Rosa García Ascot (Madrid, 1902 – 2002)
01 Española

Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 – 1993)
02 Pastoral
Fernando Buide (Santiago de Compostela, n.1980)
03 Nocturnal (Bal y Gay)  (escrita en comisión para este disco) 
Frederic Mompou (Barcelona, 1893 – 1987)
Suite Compostelana
04 Preludio

05 Coral

06 Cuna

07 Recitativo

08 Canción

09 Muiñeira
José Chás (San Pedro de Nós, 1908 – 1947)
10 Preludio no3
Paco Barreiro (Vigo, 1953)
11 Berce
Tino Prados (Lugo, 1924 – 1981)
12 Sarita
Manuel Herminio Iglesias (Ourense, n. 1949)
13 Froles d’Ouro 
José Fernández Vide (Ourense, 1893 – 1981)
14 Violetas
Hermelindo Ruiz Mestre (San Sebastián – Porto Rico, n.1987)
15 Zidur
Oswaldo Oro (Vigo, n.1980)
16 Labas





Únete en Facebook á Presentación 'Guitarra Clásica Galega'

Para máis info: Samuel Diz