ATLANTIC VALLEY

Para escoitar ATLANTIC VALLEY preme eiqui
son:

Simón (Batería)
Alexandre (Voz)
Ángel (Baixo)
Marcos (Guitarra)




Atlantic Valley é un grupo galego de Stoner Rock formado a principios do ano 2011 en Vigo cando os seus membros, que proceden doutras bandas de Stoner e Metal da cidade, deciden iniciar un proxecto de stoner rock que lles permita explorar ese cálido son que nace na California dos anos 90 e que está tendo un rexurdimento importante na escea europea.

A finais do ano 2012 sacan unha maqueta coa que gañan o concurso “Novos Valores” organizado pola Concellería de Xunventude de Vigo xunto co Colectivo Malaherba a través do cal puideron tocar no festival “Sons Da Lameira 2012”.

As súas influencias pasan por grupos como Kyuss, Queens Of The Stone Age, Red Fang, Alabama Thunderpussy, Orange Goblin, etc.





MAMMOTH (2013)
En marzo de 2013 publican un EP autoproducido chamado “Mammoth” que inclúe temas
que levaban tempo tocando en directo así coma temas completamente inéditos.

Este EP conten temas en galego como Irreal, Loia ou Titán .


Podedes descargalo desde o seu Myspace:
http://www.myspace.com/atlanticvalley












CONTACTO: atlanticvalleyrock@gmail.com
http://atlanticvalley.bandcamp.com/
http://www.myspace.com/atlanticvalley
https://twitter.com/atlanticvalley

Tamén os podes atopar no facebook