Estudos Etnográficos FIADAS

Coa publicación etnográfica “De oficios e Labores”, o Grupo Informal de Estudos Etnográficos FIADAS, presentou un proxecto de lecer educativo e cultural mesturado coas novas tecnoloxías, xa que se trata dunha publicación que terá un espazo web, por medio dun blogue.
O máis característico de este proxecto, foi que ademais de ter un contido ligado aos oficios e labores de Galicia, se combina e asocian estas artes ás músicas propias e ligadas a cada traballo, labor ou oficio. Isto fai que en este estudo e en esta publicación se queira referenciar con partituras musicais, e letras dos cantares de cada lugar en relación con cada oficio que se relata, e incorporar con audios (no espazo web), e un formato dixital con esta parte musical que acompañará a publicación en papel.
A elaboración da revista levouse a cabo , con Obradorios para a mocidade onde se escollen os contidos, as imaxes e fotografías, se redactan os textos, se realiza o deseño web e gravacións das músicas e cantares.
Máis información: http://grupoetnograficofiadas.blogspot.com.es/