ISABEL LEAL CORASONS



CORASONS, un libro-cd-dvd que reúne fotografías, músicas e un completo traballo audiovisual sobre o proxecto que, baixo a dirección de Uxía, reúne un feixe de destacados intérpretes galaico-lusófonos. Cunha coidada edición e produción, CORASONS estará dispoñible en toda a Península.

Corações de Galiza, Portugal, Brasil e Angola pulsando, batendo e emocionando na mesma lingua con «sotaques» diferentes”.

[CORASONS: Fragmento do limiar de Uxía]

“Cada imagem conta uma história, um momento irrepetível, adquirindo múltiplos sentidos, para quem contempla. Recriar, improvisar, jogar com os reflexos e com a desfocagem, procurar a geometria da minúcia, desafiar as sombras e a magia, ousar a poesia e a simplicidade, dar à luz cor e metáforas…”

[CORASONS: Fragmento do limiar de Isabel Leal]

“Unha mostra, encontros, química, música… E amizade, por cima de todo a amizade… e a lingua común”.

[CORASONS: Fragmento do limiar de Carlos Blanco]

 Trailer coraSons

http://www.youtube.com/watch?v=PtgXzAXoN5o#t=22

CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais a través da páxina “Quem vê corações” e materializouse inicialmente nunha exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital posterior coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.
A ese encontro seguiulle un gran concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.

Cada imaxe conta unha historia feita canción. A natureza, a vida cotiá, a arquitectura, as sombras, a xeometría ou a imaxinación son os escenarios que se recrean partindo da forma e da simboloxía do corazón. Mais, lonxe do enfoque romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos. Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos.


O colectivo CoraSons está formado por: ANTÓNIO ZAMBUJO: A voz portuguesa masculina máis internacional do momento. | JOÃO AFONSO: Un dos principais cantautores ibéricos, sobriño de Zeca Afonso. | RUI DAVID: Canta música portuguesa, brasileira e ten actuado no teatro. | MAGÍN BLANCO: Tres décadas de traxectoria musical como músico e compositor. | INÊS SALSELAS: Nacida en Porto, cantou no grupo Canto Nono. | QUINÉ TELES: Un dos mellores percusionistas da música portuguesa. | BELÉN CID: Cardióloga, experta no complexo mundo dos corazóns. | CARLOS BLANCO: Actor teatral, autor e director. Figura do humor galego. | NAJLA SHAMI: Achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África, que mestura coas súas raíces e co jazz. | SÉRGIO TANNUS: Un dos máis completos artistas da «safra» brasileira. Virtuoso instrumentista. | BRUNO CARDOSO: Emigrante en Mozambique, é experto en música tradicional. | LUANDA COZETTI: Forma o grupo Couple Coffee co baixista Norton Daiello. | NORTON DAIELLO: Unha das metades dos Couple Coffee. Acompañou artistas como Luanda Cozetti e Ivan Lins. | XOÁN CURIEL: Un dos valores actuais da música galega, premio ao mellor álbum nos V Premios da Música Independente. | ALINE FRAZÃO: Co seu último disco «Movimento», interpreta música tradicional de Angola, Cabo Verde e Brasil. | MANUEL SALSELAS: Músico do Porto que formou parte do grupo Jig. | PABLO VIDAL MENDOZA: Produce a Sapoconcho no seu estudio Aldea Global. | TATÁN CUNHA: Actor de longa traxectoria no mundo dos títeres, cofundador de Tanxarina. | CHUS DOMÍNGUEZ: Formou dúo coa súa irmá Uxía. Participou no libro-cd «Maria Fumaça» adicado ao seu fillo Rui. | ANA SENLLE: Forma parte do grupo SonDeSeu e de Malvela, directora vocal e co-produtora dos seus discos. | PIERRE ADERNE: Compositor e autor da letra de «Guia» de António Zambujo ou «Mina do Condomínio». | SERGINHO SALLES: Formou parte do grupo Só pra contrariar co que conseguiu premios e nominacións aos Grammy Latinos. | ALFREDO TEIXEIRA: Foi membro do grupo Jig e participou noutros proxectos de música popular portuguesa. | BUDIÑO: Ten publicado seis discos recoñecidos pola crítica e con premios importantes. | ISAAC PALACÍN: Fundador de Berrogüetto e produtor no seu estudio Minhoteira. | PACO ABELLEIRA: Guionista e traballador audiovisual, dirixiu o documental «CoraSons». | DANI JUNCAL: Iluminador, participou na produción executiva de «CoraSons» e deseñou a escenografía. | ISABEL LEAL: Foi a voz do grupo Jig. A música e a fotografía son as súas paixóns. | UXÍA: Máis de 25 anos de carreira artística. É directora artística de Cantos Na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, e tamén de «CoraSons».
Editado pela Afrontamento (Portugal), “Quem vê corações” é um livro sobre a vida em todas as suas dimensões. No virar de cada página lateja um coração, em imagens e em palavras. Para a autora, fotografar esse símbolo universal, nos mais diversificados contextos, ganhou mais sentido ao ser partilhado, através da sua página do facebook. Pouco a pouco, os amigos foram convidados a abraçar a ideia, participando de diversas formas, entre elas, a escrita.

“(…) Este livro, precioso de descobertas, prova com irrefutabilidade científica que o coração se move nos interstícios do alheamento, se reinventa continuamente até darmos por ele no peito do Mundo. No batimento de cada página eis ritmos indizíveis, invisíveis, onde o amor se deposita suavemente, acumula juros, à espera da nossa fortuita avidez de enriquecimento interior. Um livro tecido pelos mil corações obvolvidos da Isabel, com o coração do Mundo, para o coração que é nosso. Cabem nele todos os corações que existem e hão de existir. Por isso este livro não é para ler, mas sim para transplantar. E amar, então, até à página derradeira” Renato Filipe Bruno Cardoso

“Quem vê corações”, agora em livro, estreitou os laços do coração com a Galiza, permitindo a realização de diversas exposições fotográficas, nos últimos dois anos, que vieram a dar origem a um projeto mais amplo, envolvendo um grupo de amigos músicos e atores de vários países. Dessa união, acarinhada pela Uxía, nasceu um livro/CD/Documentário, editado pela Kalandraka - “CoraSons”!

kalandraka  http://www.kalandraka.com/blog/2013/11/26/corasons-proxima-publicacion/