foto: portada disco de Pancho Lapeña.
Mónica de nut canta acompañada polo guitarrista Virxilio da Silva e coa colaboración de Marcelo Dobode na percusión tradicional e Javi JDjazz na trompeta e fliscorno. A cantante segué a insistir na combinación da música clásica, o jazz, o rock e a tradición galega; música palleira, mestura de razas e estilos, dispersión sonora que acouga nas tripas. A esperanza está no inesperado, nos fios invisibles que traen as cores que van chegando.
Podes escoitar, descargar o adianto e toda a info en: Monicadenut.com

