ROGER DE FLOR PRESENTA A OS SILVESTRES



No ano 2009, con motivo da xira de presentación do documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”, nace esta banda coa fin de acompañar ao mencionado compositor fenés.
Nembargantes, co paso do tempo, vai adquirindo identidade propia gracias á retranca especial do Marqués das Vinhas e o seu charango, a mestría coas escobillas do gran Sergei, a bonhomía humana e instrumental do Sr. Cabezón “Cabe”, a “naturalidade silvestre” de Roger de Flor e a súa recente e flamante nova adquisición, o contrabaixista Óscar Painceiras; ademáis de colaboracións estelares puntuais como Magín Blanco, O Neno Elliot ou María “Faltriqueira”.




No 2013 sacan o seu primeiro longa duración “Roger de Flor presenta a; Os Silvestres, con 12 temas:

Entusiasta seguidor da moda
Camiño só
Os dous amigos
Collendo cogumelos
Sesta Campestre
Ana
Son un desastre
Non penso volver a ver a TV
Ileale
A cancion do trotamundos
Nada é tan importante
Hai un lugar no norte



Gravado e masterizado en Estudo de Gravacion INVISIBLE , producido por Victor Gacio e Roger de Flor, foi editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras.

 Hai un lugar no norte”, que foi presentado en xuño deste mesmo ano no Torrente Ballester (Ferrol) para comezar a continuación unha xira por toda a xeografía galega. Ademáis das súas novas creacións, nas que se incluen cancións de Roger de Flor, O Marqués das Vinhas e Cabe, tamén se incluirán algunas adaptación ao galego de artistas como The Pogues, The Kinks ou Donovan. Estas pezas e outros clásicos do seu repertorio conforman os seus apaixoantes directos..



Ademáis, veñen de sacar un novo videoclip para promocionar o seu inminente traballo, despóis do exitoso “Non penso volver ver a tv”. Esta vez titulase “Hai un lugar no norte” e foi gravado na liña ferroviaria do cantábrico pola produtora “Producciones mutantes”.
http://www.youtube.com/user/videosrogerdeflor
https://www.youtube.com/watch?v=CQpIytMenH8
O Xogador https://www.youtube.com/watch?v=CQpIytMenH8
CONTACTO:
ossilvestres@yahoo.es
687 27 52 24