Colectivo en Defensa da Gaita CDG

Colectivo en Defensa da Gaita CDG
 https://www.facebook.com/pages/Non-%C3%A1-falsa-tradici%C3%B3n-galega-na-CRTVG/240355929465286


Adxuntamos Carta ao Director para a súa difusión no seu medio. Moitas grazas pola atención.

"O venres pasado no concurso de gaita do programa Luar da TVG, Denis Rodríguez, gaiteiro de Verín, compareceu armado cunha gaita marcial ou “marciana”, (un híbrido galaico-escocés inventado polo Señor Foxo, director da Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense) tratando de confundir e enganar... mesmo ó xurado deste concurso!! dicindo que era unha gaita galega.














O resultado foi unha atinada e ben argumentada reprimenda da gaiteira Susana Seivane, membro do xurado, que lle leu a cartilla e o mandou de volta para a casa.
En anos de traballo do Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) por loitar contra esta farsa, nunca puidemos imaxinar unha difusión tal da nosa causa: a posibilidade de ter 15 minutos de reality-show no programa máis visto da TVG, que serviron para denunciar esta infamia que se está a perpetrar dende a Deputación de Ourense..


Grazas a Denis, en horario de máxima audiencia, milleiros de televidentes puideron comprobar en directo as diferenzas entre a gaita e o tambor marcial e a gaita e tamboril galegos. Puideron ver a arrogancia dos que, como Denis, foron educados adrede con mentiras e falsos argumentos cuns intereses ocultos que dende hai anos vimos denunciando públicamente.

Grazas, señor Rodríguez, polas máis de 2.000 adhesións (e subindo) en poucos días á causa do CDG en Facebook ("Non á falsa tradición galega na CRTVG"). En agradecemento pola súa imprevisible campaña de difusión, considérese vostede o Socio de Honra nº 2.001, do Colectivo en Defensa da Gaita.

Colectivo en Defensa da Gaita (CDG)"