ULTRAQANS
-Antom Díaz (Tarakanov):
-Francisco Amil (Amilón ou Amilenko):
-Manu Seoane (a.k.a. Knopfler):
-Aarón Bouzón (Cachisnamar):
-Pablo Añón (Pablo Sax)
Logo de máis de dous anos do lanzamento do noso primeiro ulträéxito e despois de tronzar os cenarios de toda Galiza , os ulträqäns volven a petar con fúria zoupadora nas vosas
portas para vos presentar o que será o último e definitivo ulträdisco
do 2014, un traballo que sen dúbida será histórico e estará petado de
octanos e etilocafeína!
Abride as vosas carteiras e preparade os vosos oídos porque como xa dixo o mestre Sechu Sende
" Os vossos ouveos transfórmanse nas nossas palavras. A vossa música
forma parte do nosso idioma. Os vossos sons son como somos. Nós. E máis
alá, ULTRÄQÄNS."
O disco estase a gravar nos Estudos Amil na Coruña
con Fran Amil pilotando a nave; da mestura final e gravación das
baterías encargarase o sempre impoluto Tomás Ageitos "Tomitón" nos
Estudos A Ponte en Compostela.
O deseño serán as máns e a xenialidade do grande Javi Prieto quenes se encarguen de facelo. Un trío de ases que farán que a parte técnica e visual do disco sexan irreprochaveis.
Para colaborar no financiamento deste novo disco de ultraqans a traves de Verkami premede no enlace:
http://www.verkami.com/locale/gl/projects/7524-novo-disco-de-ultraqans