Compoñentes:
Soneira (voz)
Gael (guitarra)
Prego (bateria)
Suite (baixo)
Creada no 2013 por xente que toca en outras bandas de Ordes (kastoma,chicharo psicotico,electroxeno) , veñen de gravar o primeiro traballo,umha demo de cinco temas propios.Diriase que andan entre o heavy e o hardrock mais primitivo. Máis iso decidirao o público "que nos non poñemos etiquetas".
Estigmas da destrucción (2016)
Nova Orde Mundial, N.O.M. despois moitos concertos en pequenas salas e algún festival metéronse no estudo e sacaron o segundo traballo «Estigmas da destrución», gravado e producido por Iago Pico en Pousada Sons.
5 temas de guitarras posuídas polo demo e letras cargadas de raiba.
http://nomband.bandcamp.com/album/estigmas-da-destruci-n
DISCOGRAFIA PREVIA:
N.O.M. (2014)
No ano 2014 lanzaron unha maqueta con 5 temas (en realidade son seis: un deles é unha introducion electrónica feita por MAHI) que foi escollida entre as dez mellores dese ano pola revista Mondosonoro.
Gravado en Rapapoulo Estudios
Rematou
Mintes
Títeres
Afogados
Intro
Deuses
Berros de pedra (2013)
Videoclip do tema "Berros de Pedra" do grupo NOM que agradecen a Mou (rapapoulo estudios) a sua paciencia e a Jacobo polo seu traballo de montaxe,e a todos o que fixeron posible esta gravacion,A LOITA CONTINUA.
bandnom@gmail.com