MIGALLAS PAN DE MILLO

14 cancións para que os nenos aprendan galego divertíndose

"Pan de millo" é un novo un libro-disco publicado por Kalandraka, con ilustracións de Dani Padrón. 

A partir das cancións, Dani Padrón creou unhas ilustracións que destacan pola frescura, o colorido e a ledicia que transmiten os personaxes. Os arranxos e adaptacións das cancións están realizados por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura -I Premio Galego da Música na categoría de música tradicional- e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.

É o segundo proxecto musical de Migallas despois de “Canta connosco!”, considerado un “revulsivo” no eido da música galega infantil. Co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, este traballo está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua. No repertorio conviven ritmos autóctonos -como muiñeiras, pandeiradas e pasodobres- con melodías de inspiración latinoamericana. Os temas de creación tratan cuestión actuais como a colaboración fronte á competición, a promoción da paz ou o exceso de actividades extraescolares. Tamén se inclúen propostas de expresión plástica e dramática.

Vídeo de adianto no interior.

O proxecto reúne 14 cancións infantís para público familiar interpretadas por Migallas Teatro, con colaboracións de destacados músicos galegos. Entre eles  Magoia Bodega e Paulo Nogueira, do grupo Treixadura
"Este libro-disco está pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas, e contribuír á transmisión da lingua", explican dende a editorial. 
Segundo Grandío, enxeñeiro de son, foi o responsable da gravación no estudio Casa de Tolos, das mesturas e da masterización da música do disco, no que tamén participa tocando o contrabaixo e a guitarra acústica. A segunda edición dos  libro está á venda nas librarías.

CANCIÓNS DISPOÑIBLES 
-Miña “Abuela Manuela”: http://www.migallas.com/Minha_Abuela_Manuela

-Videoclip de “Miña Abuela Manuela”: http://youtu.be/ZMz7FHjSlqw
-Videoclip de “Pan de millo”: http://www.youtube.com/watch?v=SqBqSYNMqHQ

Contacto: Migallas (tlf. 630 872 668):