III CONCURSO DE CUARTETOS TRADICIONAIS organizado polo Real Coro "Toxos e Froles"



REAL CORO “TOXOS E FROLES”
Fundado en 1915
DECANO DOS COROS GALEGOS
MEDALLA DE OURO DE GALIZA
Magdalena, 220 Apdo. 72 · 15402 FERROL ℡ 650 788 374 / 881 122 074 info@toxosefroles.com








III CONCURSO DE CUARTETOS DO REAL CORO “TOXOS E FROLES”

1. Poderán participar tódolos instrumentistas que o desexen, independentemente da súa procedenza xeográfica.
2. Únicamente serán admitidos instrumentos tradicionais galegos.
3. Os cuartetos estarán conformados por dúas gaitas, tambor e bombo.
4. Os instrumentistas única e exclusivamente poderán formar parte dun cuarteto.
5. Os concursantes deberán vesti-lo traxe tradicional galego.
6. Un membro do cuarteto deberá vesti-lo traxe tradicional ata o remate do concurso.
7. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 10 grupos.
8. Para a selección dos grupos terase en conta as pezas presentadas a concurso, o curriculum e a orde de inscripción.
9. Os cuartetos que desexen participar deberán remiti-la folla de inscripción que se adxunta e que tamén pode ser atopada na páxina web do Real Coro “Toxos e Froles” (www.toxosefroles.com).
10.As inscripcións deberán ser remitidas á dirección postal seguinte:
- Real Coro “Toxos e Froles”, Rúa Magdalena 220, apdo 72, 15402 Ferrol
- Ou ó correo electrónico info@toxosefroles.com
O prazo de inscripción remata o Venres 14 de Febreiro de 2014.
11.O concurso terá lugar na Sede do Real Coro “Toxos e Froles”, na Rúa Magdalena 220 de Ferrol, o Sábado 22 de Febreiro de 2013 ás 20:30 horas.
12.Os cuartetos seleccionados deberán estar presentes na Sede do Real Coro “Toxos e Froles” ás 19:30 horas para confirma-la súa asistenza.
13.A orde de actuación farase por sorteo por membros da Xunta Directiva do Real Coro “Toxos e Froles” e será feita pública na páxina web da Entidade.
14.A actuación dos cuartetos terá unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 6 minutos. Haberá que interpretar obrigatoriamente un ritmo de muiñeira ou xota, quedando á elección dos músicos a mostra doutras melodías.
15.As pezas a interpretar deberán ser tradicionais ou populares. No caso de non ser así o Real Coro “Toxos e Froles” remetirá á agrupación participante correspondente calquera gasto referido ós dereitos de autor no caso de seren requeridos pola SGAE.
16.O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación.
17.A folla de inscripción deberá ir acompañada coas partituras das melodías para gaita a interpretar polos concursantes. Asemade, adxuntarase un pequeno curriculum dos instrumentistas.
18.O concurso estará dotado dun único premio de 1.200 €.
19.Aos cuartetos admitidos para participar no concurso se lles fará entrega de 50€ en concepto de dietas de desplazamento o día do concurso.
20.As gravacións audiovisuais que faiga o Real Coro “Toxos e Froles” do concurso pasarán a formar parte do arquivo da Entidade, reservándose o seu dereito de uso.
21.O Xurado estará composto por persoas coñecedoras da música tradicional galega.
22.O Secretario Xeral do Real Coro “Toxos e Froles” será o encargado de levantar acta e facer públicas as decisións do Xurado.
23.O Xurado valorará a afinación, o emprego de dixitacións galegas, ornamentación, recursos interpretativos, dificultade das pezas, estética, … e o empaste entre os instrumentistas.
24.O Xurado será o encargado de xulga-las actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e asignará o premio, que en ningún caso poderá quedar deserto.
25.A inscripción no concurso implica a aceptación das presentes bases. O Xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas bases.
26.A decisión do Xurado será inapelable.

Podedes descargar o formulario de inscripción no enlace:


https://mail.google.com/mail/u/1/?ui=2&ik=229aacf69f&view=att&th=1438d31b917075fd&attid=0.2&disp=safe&zw