XeRock está formado por:
*Generoso Alonso: batería
*Vanesa Dacuña: baixo
*Puri Sobrino: pandeireta
*Víctor Fuggetto: guitarra
*Ciano Valcárcel: guitarra e voz
XeRock é una banda de rock formada por usuarios e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual San Xerome de A Guarda. A banda existe dentro do Proxecto “XEROCK – MÚSICA E DISCAPACIDADE”, coordinado dende o mesmo Centro e en activo dende o ano 2003.
No ano 2003 créase no Centro un aula de música con fines terapéuticos debido ás aptitudes para a música que demostraban varios dos seus usuarios. Co éxito da iniciativa xurde a idea de crear unha banda de Rock, dar así a oportunidade ós usuarios de mostrar ao mundo enteiro o seu talento e utiliza-la vertente máis combativa, reivindicativa e inconformista do rock and roll para denunciar carencias na vida das persoas con discapacidade:
Música + denuncia = repercusión social
O primeiro concerto de Xerock é no auditorio Caixa Nova de Vigo, en decembro de 2003. Dende entonces, os concertos sucédense con regularidade meténdose pouco a pouco no circuíto musical independente da zona, ata que no ano 2005 entran no estudio e gravan o seu primeiro traballo: IntregrAcción.
Despois de máis de 1000 copias vendidas do seu primeiro traballo, xirar pola xeografía galega, española e parte do norte de Portugal, un concerto memorable en Toledo na III Xornadas de Voluntariado de D.C.A., Xerock actúa para os concertos de la RTVG e abre para varias bandas nacionais (entre elas The Ellas, a banda de Luis Tosar), consolidando así a súa posta en escena e labrando un éxito mediático considerable. En 2008 embárcase na gravación do documental "Cantos Rodados" (Ficción Producións, 2008) dirixido por Xoel López.
XeRock “…vou seguir insistindo estar”
01. San Xerome
02. Cu de Pandeireta*
03. Autorízame*
04. Volvería*
05. Non Fun*
06. Revelde é unha cor
O Proxecto XEROCK – MÚSICA E DISCAPACIDADE celebra este ano 2013 dez anos de actividades, e traballa agora mesmo na presentación do seu novo traballo totalmente autoproducido “…vou seguir insistindo estar”, gravado por Miguel de la Peña en Baixo Miño Estudios. O repertorio está formado por catro versións (*) e dous temas propios.
Puntos de venta:
Tenda Atalaia (Centro San Xerome)
Rúa Galiza, 23 – 36780 A Guarda
Pontevedra
Mais info:
Contacto:
Tlf. 676966223