Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural

O obxectivo principal deste catálogo é dar a coñecer algúns dos moitos instrumentos musicais que temos en Galicia.
Por cuestións de espazo tivemos que cinguirnos a un número reducido de instrumentos musicais e escollemos os que nos pareceron máis representativos, polo que nesta obra son todos os que están pero non todos os que son.

A principal fonte de información para a elaboración deste catálogo foi o traballo de campo realizado por toda Galicia e norte de Portugal.

Editado por DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS  a súa  web é (www.difusora.org





Colección Eidos, n.º 9
192 páxinas en negro e branco
Capas en cor
Encadernación en capa mole, con lapelas
Primeira edición: agosto de 2009
Está esgotado