PABLO DIAZ



Foto: Carlos javier Serrano
Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC apadriñado por Santiago Auserón, en decembro de 2009, coa editorial Kalandraka. En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia. Con este traballo conseguiu o recoñecemento do mundo musical acadando o premio ao mellor traballo de música infantil nos premios Martín Códax 2014. En decembro de 2014, presentou o seu traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: "Xente Miúda, moita fartura", apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey. (A información dos tres traballos está máis abaixo en Discografía Previa)


Coas miñas mans (2018)


podo debuxar, contar, sentir...

Música para aprender os números, as cores, as comidas… pero tamén para cantarlle á lúa, á primavera… Cancións divertidas para medrar con alegría!
COAS MIÑAS MANS

Pablo Díaz leva xa 5 traballos discográficos dedicados ao público infantil.
Durante os case dez de carreira leva percorridas moitas escolas infantís, de primaria, ademais dos concertos habituais por diferentes localidades galegas.
Nesta andaina percatouse da importancia que para as nenas e nenos ten toda a xestualización manual e facial, e por este motivo, partindo das mans como estratexia comunicativa, xorde este traballo.
Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, debuxar, pintar, contar, sentir, etc. É a partir dos 3 anos cando dun xeito máis ou menos consciente, as cativas e cativos empezan a adquirir este tipo de destrezas e habilidades. De aí cancións como: “As mans”, “Os números”, “As vogais”, “Figuriñas de papel”, “As cores”, “Os 5 sentidos”...
Ademais destes temas, trátanse tamén outros máis lúdicos para eles como a primavera, os xogos, as mascotas e ata a festa popular do San Froilán.

A duración do concerto é de 55 minutos aproximadamente co obxectivo de que as familias gocen e axudan a cantar e xesticular.







DISCOGRAFIA PREVIA:

TIC TAC TOC (2016)

O novo traballo de Pablo Diaz e banda veu a luz a través da editorial Galaxia.

A banda está composta por 6 músicos de grande prestixio, e fan un percorrido por diferentes estilos musicais: Folk, pop, rock,...

Pablo Díaz: Voz, guitarra, clarinete, gaita, harmónica
Diego Barral: Guitarras
Antón Díaz: Baixo eléctrico
Álex Fente: Acordeón
Carlos Freire: Batería
Olga Kirk: Voz, baile e percusión

Pero ademais este traballo contou con colaboracións moi especiais:
Xabier Díaz (tocando as percusións)
Tonecho Castelos (violín, viola e zapateado)
Tito Calviño (guitarras)
Juan Tinaquero (contrabaixo)
Luis Tinaquero (banjo)
Richi Casás (saxo)
Diego Rodríguez (trombón)
Icía Díaz (voz)

O disco foi gravado e mesturado nos estudios NAKRA con José Puga e Pachi Baldomir como técnicos e masterizado por Chris Muth en Nova York.

Este libro tan ademais o obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o traballo dun artista de 10 anos, Antón, que deseña e debuxa uns animais imaxinarios preciosos. Antón é un neno con TEA, pero cunha altísima capacidade creativa. El di isto de si mesmo: "O meu nome é Antón e teño 10 anos. Estudo 4º de primaria e teño TEA, mais iso non é o que me define. Son un neno cariñoso, feliz, gústame xogar, estudar , ir á praia e ao parque, pero sobre todo gústame debuxar. E o que máis me gusta no mundo é debuxar animais.” De aí a canción, “O mundo máxico de Antón”

O Libro está ilustrado por Almudena Aparicio.



Xente Miúda, moita fartura (2014)
Pablo Díaz edita un novo traballo para o público infantil que así e todo muda notablemente con respecto aos anteriores Tic-Tac e Toc-Toc. O son máis dinámico e rockeiro destes traballos deixa agora paso ao predominio da guitarra acústica, a harmónica e o acordeón, o que redunda nun disco máis suave e pausado, dirixido a incluír entre o seu público as idades máis novas (tendo sempre en conta o relativo destes encadramentos). Polo contra, pensamos que non muda nada tocante a outros sinais de identidade, polo menos no que se refire ao seu traballo na música infantil: referímonos sobre todo á claridade de mensaxes e ao directas e efectivas que resultan tanto as melodías coma as letras.

O disco autoproducido conten 13 temas: 1. Os insectos 2. A gardar 3. Mago titiriteiro 4. Parabéns 5. Sono lixeiro 6. O meu cuarto 7. Entre estrelas e golfiños 8. As flores 9. Merecen unha canción 10. Árbores froiteiras 11. Cantacontos para bebés 12. Crema de verduras 13. Cando dormen os bebés

As guitarras gravounas Tito Calviño, o piano Carmen Rey, e as voces ademais da de Pablo Diaz  son Carmen Rey e Olga Kirk.

Gravouse na Cova dos Peixes e en Bastavales. Os técnicos de gravación foron Guillerme Fernández e Xabier Díaz. sendo a  masterización de Guillerme Fernández.

Distribúe Músicas de Salitre (info@musicasdesalitre.com), e pódese mercar en tendas e librarías especializadas.

Canción con Pictogramas: "A Gardar".

 Pablo Díaz."Xente miúda moita fartura"

https://www.youtube.com/watch?v=AEXcIGthdZ0


https://www.youtube.com/watch?v=YD4LCHz7Kzc&app=desktopPablo Díaz coas nenas e nenos de 1º de primaria (aula de "Pablo Díaz" no curso 2013-14) do Colexio Andaina, da Coruña.
Tras o enorme cariño recibido por parte destes nen@s, os seus pais e nais e por suposto os mestres, musiquei o poema de Xosé María Díaz Castro, "Chove en Galiza", grazas á achega de Armando Requeixo. Marabillosos coros destes grandes cantantes!!!
https://www.youtube.com/watch?v=YD4LCHz7Kzc&app=desktop

“Toc toc” é a chamada á porta do mundo dos nen@s. 

Un mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais , a ilusión da chegada do apalpador no Nadal, a fantasía do mundo dos piratas, e como non, o mundo paralelo dos nen@s: os contos, onde poden aparecer protagonistas femininas, creativas e decididas (e non nenas/mulleres inxenuas como a tradición literaria deste xénero nos presenta habitualmente) xogando así un papel máis próximo á sociedade de hoxe en día. 

 Tamén hai humor, como os animais que forman unha orquestra, loitas atmosféricas entre anticiclóns e borrascas, os bonecos que poden centrar a vida dos nen@s. 

No eidomusical, “Toc toc” rima con rock, pop, folk e tamén soul, a alma da música moderna que partiu da tradición cultural e musical de moitos países africanos que neste caso mesturase coa tradición musical galega. 

Desta última aparecen dous romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico que entronca coa nosa ráigame máis fonda. 

Editorial Galaxia 
Autor: Pablo Díaz 
Ilustración: Nuria Díaz

Mercar on-line en Galaxia: http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011250007  


Para escoitar TIC TAC preme eiqui

O libro-disco, publicado pola editorial Kalandraka,
conta coas ilustración de Marc Taeger e un sinfín de colaboracións:  Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote...

Este primeiro traballo discográfico en solitario e froito dunha incesante actividade musical e vital, do
multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz.

Un espectáculo para nenos grandes e pequenos.

Con bases da música pop, rock, tradicional galega e moitas máis, Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante: espertan ca canción do Tic-Tac, bailan co Rock do Porco Celta, viven mil contos que van arrolando
a imaxinación.

Edita: Kalandraka 
Produce: Merlo branco


CONTACTO:

email: pablodiaztictac@gmail.com 

tlf.: 636 55 95 55