O CAIMAN DO RIO TEA ESTOU NA LAVADORA

Vinte anos de “Estou na Lavadora”.
Volve O Caiman do Río Tea.
Volve a Cea Baile.

“O Caiman do Río Tea” volve os escenarios para dar homenaxe a súa criatura máis popular. A canción que se converteu nun auténtico himno gracias o programa da TVG Xabarín Club representa fielmente o estilo do grupo, rockandroll de alta intensidad e frescura, dous minutos e medio de descarga para bailar, tourear e mover as melenas, así é “Estou na Lavadora” así é “O Caiman do Río Tea”.






A banda estrenouse no Parque da Concordia o 23 de Febreiro do 91 baixo o nome “O Caiman do Río Tea e os Moros que atacan a aldea”, nome dun equipo de fútbol sala participante da histórica liga do Sportivo (Ponteareas). Os moros marcharon para a aldea e o grupo quedou bautizado como “O Caiman do Río Tea” que estivo activo ata a o ano 98.

Centos de concertos levaron o grupo a compartir escenario con “irmáns de xeración” como os  Diplomáticos de Montealto, Os Heredeiros da Crus, Os Rastreros ou Yellow Pixoliñas, e tamén
con outros inéditos testigos da enerxía bravú como os Enemigos, Los Planetas, Los Piratas ou
Killer Barbies.

Inda que a mellor carta de presentación do grupo sempre foi o seu directo, tamén publicou numeroso material que agora o grupo intenta recopilar; maquetas, as cancións para o Xabarin Club –“Estou na Lavadora” e “Ven a Bailar”-, un disco –“Feito na casa” (Sons Galiza 95), un maxi de cinco cancións por acadar o Primeiro premio do Certamen Galego da Canción 95, un maxi de cinco temas autoeditado –“Caiman”- e un single de dous cancións tamén autoeditado – “Vota”-.
Ademáis o grupo participou no recopilatorio “Unión Bravú” (Cumio.96) coa canción “Manolo Pescadilla”.
No 98 “O Caiman” volveu o río Tea e alí estaba ata hoxe.
Chega a descarga!, Volve O Caiman!
Estou na Lavadora! Sacaime pronto de akí!.



www.facebook.com/caimandoriotea.ponteareas
ocaimandoriotea@gmail.com
telef.- 637306122