CONCERTO PECHE DE CURSO de A PINTEGA AMARELA en MADRID

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un concerto como cada ano para amosar o traballo realizado durante o curso lectivo polos alumnos das distintas aulas. Este ano contaremos coa colaboración de músicos e bailarines amigos como o Coro Universitario Complutense, a Escola de claqué Contaptoe e Carlos M. Fernández Soto aos teclados.

Queremos que pases un intre estupendo gozando de Galicia e a súa cultura así como que coñezas e formes parte da nosa forma de entender a música galega. Queremos que sexas unha píntega máis.

Para iso podes adquirir as túas entradas de forma anticipada en www.apintegamarela.org ao prezo de 5€ para adultos e de 3€ para os nenos (máis a comisión de xestión). Aproveita porque o día do concerto o prezo será de 7€ e 5€ respectivamente. Si queres adquirilas persoalmente antes do concerto podes facelo a través dos seguintes puntos de venda anticipada:

-Escola de Música Tradicional Galega a Píntega Marela (Avda. de Córdoba, 15, 4ºA2, 28026 Madrid)
-Escola de Claqué Contaptoe (C/ Arenal, 9 ,1ª Planta, 28001 Madrid)
-Galería Sargadelos Madrid (C/Conde de Aranda, 2, 28001 Madrid)
-Tapería Bar As Charcas (Pza Rutilo Gacis, 2, 28045 Madrid)
-Bar Cerveriz (Pza de San Miguel, 2, 28005 Madrid)

Vindo ao noso espectáculo axúdasnos a seguir adiante co noso proxecto de difundir a cultura galega. Así mesmo queremos axudar e promocionar negocios locais e empresas galegas para que mostren o seu traballo. As empresas elixidas para iso foron esta vez a centenaria Sargadelos e a Pulpería-Tapería As Charcas. Durante o concerto realizarase entre os asistentes o sorteo dunha peza doada por Sargadelos pertencente a súa colección Camiño de Santiago e dunha cea para dúas persoas na Pulpería-Tapería As Charcas de Madrid.

¡Agardámosvos!


Juan Luna
Asoc. Cultural A Píntega Marela
(+34) 656 31 23 29
www.apintegamarela.org 
Facebook - https://www.facebook.com/marela.apintega
Twitter - https://twitter.com/#!/APintegaMarela
Web Juan Luna - www.juanluna.es
Blog Juan Luna- http://juanluna.wordpress.com