SON DO BARBANSA

Heredeiros da Crus volven a casa dez anos despois este sábado en Aguiño, no festival Son do Barbansa

• Os ‘máis jrandes’ compartirán cartel con Terbutalina, Familia Caamagno e Tevra. A banda que completará o cartel será a gañador do concurso ‘Querostar no Barbansa’, que celebra a súa final este mércores
• Con máis de 3000 entradas vendidas a case unha semana do concerto, o festival aspira a ser un dos eventos máis multitudinarios na historia recente do Barbanza
• Por 10 euros pódese adquirir a entrada en ata vintecinco puntos de venda físicos e por internet, na Airapro Tenda
• Desde catorce localidades de toda Galicia chegarán autobuses. A organización vende os billetes a 10 euros, ida e volta.



Unha xornada histórica en Ribeira conta as horas para escribir a súa páxina no capítulo dos eventos máis multitudinarios. Restan poucos días para o Son do Barbansa, un festival que xuntará este sábado en Aguiño a tres formacións capaces de unir xeracións. Heredeiros da Crus, Terbutalina e Familia Caamagno farán saltar ata altas horas da madrugada a varios milleiros de persoas, que non perderán oportunidade de vivir o primeiro concerto dos máis jrandes na súa casa dez anos despois.

Logo do regreso aos escenarios en marzo de 2012, a formación ribeirense ten ofrecido ata quince concertos por toda Galicia, sen pisar a súa terra ata día de hoxe: o festival do sábado non só é un evento capital en si mesmo, se non que para moitos é a cita máis agardada en moitos anos.

Por 10 euros están á venda as entradas en ata vintecinco puntos de venda en toda Galicia (pódense consultar en www.sondobarbansa.com), ou a través de tenda.airapro.com. A produtora dos actores Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, Airapro, é precisamente a encargada de producir o evento xunto con Tex45 Producciones e Trazos Arte Estudio, aínda que o Son do Barbansa está organizado pola asociación cultural Dourixeira de Aguiño en colaboración co Concello de Ribeira e Portos de Galicia.

Os concertos comezarán contra as 21.00 horas, para rematar de madrugada. Terán lugar na explanada do porto de Aguiño, onde se instalará unha infraestrutura sen precedentes que permitirá aos asistentes todas as comodidades propias dun festival, entre elas, cear ou tomar algo a prezos moi económicos (cañas de Estrella Galicia a 2 euros ou o pack de catro copas a 15 euros).

Desde diferentes puntos de Galicia (ata catorce) chegarán autobuses ao Son do Barbansa: os billetes vendíanse ata este martes para organizar as rutas que levarán a unha das comunidades de fans máis fieis do país ata un concerto moi especial.

O Querostar no Barbansa escollerá á banda que completará o cartel

O cartel do festival, cos Heredeiros, Terbutalina, Tevra e Familia Caamagno, quedaou completo coa banda SAMARRUAS gañadora do concurso desenvólto na rede ‘Querostar no Barbansa’, que se impuxeron as outras duas bandas finalistas Sete Cuncas e Bocinazo.