GOLFIÑOS TE CHOCOLATE CAFE




Te, chocolate, café é unha proposta para xogar con cantigas, brincadeiras e aloumiños. 

Trátase dun libro-CD que recolle as cantigas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos acompañados de mamá ou papá onde os pequenos disfrutan durante 30 minutos dunha viaxe sensorial a través de palabras, arrolos, música, poesía e teatro… 

Un álbum agarimoso e divertido cunhas cantigas e ilustracións preciosas para disfrutar en familia.