NHU

N.H.U. Grupo de Rock Progresivo (Santiago de Compostela). 
Fotografía no ensaio (1974-1975).


De esquerda a dereita : 

Tino Grandío (baixo), 
Roberto Abal (gutarra), 
Xurxo Pérez (teclados, voz), 
Xoan Piñón (guitarra), 
Xosé Manuel Ferreiro Garea (percusión, voz, frauta traveseira)

Xosé Ferreiro, Roberto Abal, Antón Porteiro, Ricardo Máiz e Emilio Cao Unha fermosa madrugada de 1973 deciden adicarse profesionalmente á música co nome de N.H.U. O nome é o acrónimo de Una Hermosa Noche, ó revés, e tamén facía referencia ó grupo californiano It’s a Beautiful Day. Como a música de N.H.U. non está orientada ás masas, dan forma a un repertorio paralelo co que se presentan nas festas e verbenas. O froito do duro traballo coma orquestra destínase ó pago dos caros instrumentos e amplificadores. Mentres tanto, pola semana, comezan a preparar a que logo sería coñecida coma A Obra. Os ensaios tómanse coma se fose un traballo de 9 a 13:30 e de 16 a 20:30 horas. Ensaian nun local da rotonda de Conxo en  Compostela. As influencias neste punto xa inclúen a King Crimson, Yes, Soft Machine ou Gentle Giant. Neste momento o grupo está composto por Roberto Abal á guitarra, Ricardo Máiz á batería , Xosé Ferreiro á voz e frauta traveseira e Tino Grandío ó baixo, tralo abandono de Cao. Antón Porteiro tamén deixa a agrupación por estas datas.

Ao redor de 1974 entra como segundo guitarrista  Xoan Piñón. O desfile de compoñentes, sobre todo guitarristas, será unha constante. Ricardo Máiz tamén deserta, pasando Ferreiro a tocar a batería. O sistema de traballo do grupo baséase en códigos e esquemas propios, e caracterízase por largas e intuitivas improvisacións que dotan á banda dunha forte personalidade, á vez que se ironiza co academicismo.



 Entrevista a N.H.U. en 1975 de Ainoa Baralla (El Ideal Gallego).
O Artigo-Manifesto, foi publicado días antes á estrea de "A Obra" que o grupo -en formato quinteto- presentaría na Aula de Cultura de Caixa Galicia (Santiago) o 3 de Decembro do 75. O acto foi presentado por Benedicto




Para enriquecer a súa paleta sonora engaden a Xurxo Pérez, que se encarga do órgano Hammond. Outras colaboracións inclúen esporadicamente a Benedicto, de Voces Ceibes, ó guitarrista Pablo Villanueva ou ó violinista Osiris. Piñón deixa o grupo en 1976. Pouco despois e por mediación de Nonito Pereira conseguen un contrato coa discográfica Zafiro (división Novola), e a comezos de 1977, Roberto, Tino, Xurxo, Xose e o seu irmán Xulio, que figura coma percusionista, rexistran o seu único LP nos estudios Euro-Sonic de Madrid. A escasa promoción e o feito de que o rock sinfónico e progresivo xa eran historia no momento da súa publicación, explican que o conxunto non despegue.


 Logotipo N.H.U. de Ventura Cores para o vinilo do grupo editado en 1978.

















 En 1979 sae Roberto Abal e entra Cuchús Pimentel. O saxo de Xulio Seoane é unha das derradeiras aportacións a un grupo que xa dá os seus últimos pasos a comezos da década de 1980.

Hoxe en día son profesores, investigadors musicais, músicos profesionais, fotógrafos ou pintores, algúns xa retirados. Case todos seguen tocando na súa intimidade. 


A informacion sobre H.N.U. foi acadada a traves de musicos ao vivo, por selo grupo homenaxeado nos II premios galegos da música,  e da páxina do facebook  NHU Rock Progresivo.