ENTREVISTA A MASKARPONE

Onde e cando xurdiu Maskarpone?
Maskarpone é un grupo ourensán que debutou en 2010, pero logo de varios cambios na formación, botouse a tocar máis seriamente en 2013.


Cal é esa formación actualmente?
Logo da incorporación dos ventos a cousa quedou así:
Lore na voz.
Bush na batería.
Champi no baixo.
David e Ton nas guitarras.
Berni no acordeón.
Banchas na trompeta.
Martín no saxo.

 


Como definiriades o voso estilo?
Unha tarde de abafante verán ourensán ocorréusenos a palabra “skrock” para definirmos o que facemos. É, en esencia, unha mestura entre ska e rock.

Tedes un primeiro traballo homónimo publicado, como foi este proceso de gravación?
Foi ilusionante e traballoso ao mesmo tempo. Para a maioría de nós era a primeira vez que nos metiamos nun estudio e iso fíxonos botar nel máis tempo do agardado nun principio. Por suposto, pagou a pena.

Como está a acoller o público o voso disco?
O certo é que ben, mais dinnos que lles sabe a pouco, e entendémolo. É un EP de 5 temas e escóitase rápido, mais decidimos facelo así para que funcionase coma a nosa carta de presentación. Xa tiñamos gana de termos algo gravado nunha calidade decente.

Pódese escoitar na internet?
Por suposto na ligazón:
http://maskarpone.org/musica/


De que vos sentides máis orgullosxs do ata agora realizado na vosa traxectoria?
De ter feito bailar e pasalo ben á xente. Ao final estamos neste mundo para iso. E tamén nos gustou moito coñecer e compartir escenario con outras bandas como Los suaves, La Fuga, Gatillazo, Talco… ou cos nosos amigos de Liviao de Marrao. Ao igual igual que tocar en festivais coma o Derrame, o Revenidas, o Vibra Balboa ou o Castañazo, por nomear algúns.

Tendes algún soño en particular para o futuro?

Pois faríanos moitísima ilusión gravar un directo, claro está. Realmente nós somos máis una banda de directo que de estudo, entón xa lle temos gana ao choio.

Que buscades transmitir neses directos?
Principalmente festa. Queremos que a xente baile, cante e o pase ben. Temos algunas letras que procuran facer pensar, pero sempre impregnadas dun ton festeiro.

Maskarpone ten data de caducidade?

Maskarpone durará o que queira o público que dure. En canto a xente siga respondendo como ata agora, seguiremos dando guerra.

Como pode a xentiña toda contactar con vos ?
No correo electrónico  
info@maskarpone.org, ou
Ou a traves do facebook
https://es-es.facebook.com/maskarponeOU

Algunha mensaxe que queirades transmitir?
Que neste país hai grandes músicos, grandes bandas e grandes e pequenos festivais e torreiros de festas nos que tocar. Que a xente que valora iso o siga a facer e os que ainda non o fan que comecen dunha vez a facelo.

Viva a música galega!!!