PARA CANTAR E BAILAR LUIS PREGO




«Unha parte importante do capital cultural de cada grupo étnico reside no seu patrimonio lúdico, enriquecido polas xeracións sucesivas, mais ameazado tamén por veces de corrupción e extinción.» «O neno e o xogo».

UNESCO, París 1980.










A gran cantidade de xogos e divertimentos que tiñan os nosos pais, os nosos avós e demais antepasados conforman unha parte moi importante da nosa cultura oral.

En Galicia, ata mediados do século XX, a xente das vilas reuníase ó rematar as curtas tardes de inverno en casas, palleiras, cortellos ou alpendres feitos a adrede, ca finalidade de pasa-lo mellor posible, e en compaña, as longas horas sen sol nas que xa non se podían facer traballos no campo. Nestas reunións cantábase e bailábase, facíanse traballos coma fiar liño e lá ou bordar, narraban historias vellas e novas algunhas cantadas coma coplas dun romance, comíase, bebíase e tamén se xogaba. Nonse trataba de xogos restrinxidos ós máis cativos que asistían, que eran os menos xa que a meirande partedos nenos estaría a durmir, senón que eran xogos abertos a tódolos presentes, nos que se participaba cantando e bailando. Polo xeral, eran xogos de escoller parella rapidamente, cos que se buscaba esa complicidade ca persoa desexada ou simplemente pasar un anaco divertido na compaña dos outros.
Os xogos non resultaban moi complexos e podíanos bailar tanto grandes coma pequenos, sendo moitos destes xogos os mesmos que empregaban os máis cativos polo día. Ás veces o único requerimento do xogo era saber ben a letra e a melodía, así como saber baila-lo agarrado.





© do texto: Luis Prego Fernández
© das ilustracións: Serxio Cobos Martínez
Técnico de gravación e mesturas: Xosé Liz de Cea
Vídeo: mdm vídeos
Maquetación: Natalia Susavila Moares
Revisión lingüística: María Lado
© da edición: Edicións do Cumio, S.A.

cumio@cumio.com