A RATIÑA AZUL E O QUEIXO LEVITADOR

Conto musical infantil inspirado na obra de Pancho Lapeña

Duración: 50 minutos.
Idade recomendada: de 6 meses a 11 anos.
Intérpretes:
Marcelo DoBode (voz),
Luis Martinez Perez (arpa),
Jorgelina Jaqueth (figuración) e
Mónica de Nut (voz).





A Ratiña Azul e o Queixo Levitador é unha proposta escénica e musical pensada para o público máis pequeno. Cunha coidada posta en escena, este espectáculo mistura música e teatro a partes iguais. Os actores e cantantes Marcelo Dobode e Mónica de Nut, dan vida a dúas personaxes tan divertidas como orixinais: unha ratiña azul e un cabaliño do demo que, coas súas cancións e peripecias, levan ao público máis pequeno por unha historia divertida e tenra. O espectáculo, estreado no marco do Festival Nubebes 2013 de Pontevedra, contou cunha estupenda acollida por parte de público e profesionais.

Sinopse: Un cabaliño do demo empeza a voar polo río e chega onde o río cambia de sexo e se converte en ría chegando ao mar. No mar están as baleas e demais animais mariños. O cabaliño do demo pérdese na grandiosidade do océano e a balea axúdao a embarcar nun gran barco de mercancías para que o leve a terra. O cabaliño do demo sobe ao barco e despídese da balea agradecido. Debe agocharse nalgures ata chegar a terra. A bodega do barco é bo lugar; a mercancía que transportaba o barco eran queixos apilados entre palla, como unha morea de palleiros, queixos con moitos buracos. O cabaliño do demo métese no buraco dun queixo; alí ninguén o descubrirá! Pero pola noite escoita unha voz; a rata azul cantando ópera bogando no medio dos queixos nunha góndola moi elegante. Ambos sorpréndense un do outro por ser un queixo levitador e unha rata de cor azul. Despois de coñecérense fanse amigos, perden o medo, chegan a porto e segue cada un deles a súa viaxe.


CONTRATACIÓN
merlo branco producións |