M.J. Pérez
Solista: guitarra e voz
Nada en Arzúa. María aprende a tocar a guitarra aos 14 anos. Pronto comeza a descubrir un xeito diferente de expresarse creando as súas propias cancións.
Barco á Deriva
Dirixido por Iago Vilarinho, Gustavo Dieste e MJ Pérez
https://www.youtube.com/watch?v=g-ctVl16TQ4
PRENDERLLE LUME Á VILA
(AO VIVO)
https://www.youtube.com/watch?v=hKL40ru4mpI
Agarda no horizonte (Pedro e Inês)
https://www.youtube.com/watch?v=41IY1Ph7apE
MJ Pérez Coma Villanelle “Coma Villanelle” representa ruptura, representa cambio. Non hai nada mellor coma deixarse levar polo instinto. Non hai nada coma facer o que che dea a gana. Non hai nada coma a autenticidade. Non hai nada coma recuperar a esencia. https://www.youtube.com/watch?v=Sl3gUWsHewA |
MJ Pérez Inês, aquilo que nos une Peza audiovisual artística inspirada na figura e na historia de Inés de Castro, a nobre galega que marcou a historia de Portugal, coñecida como a “raíña despois de morta”. Con ilustracións de Laura Romero Contén un tema inédito de MJ Pérez https://www.youtube.com/watch?v=2hsGLs--_8s |
Peter Petrowski crea unha nova peza a partir da orixinal, nun remix de cumbia con toques de electrónica, chicha e de pop, que busca unha versión alternativa e renovada do tema mantendo a esencia e o aire verbeneiro de base.
O videoclip que é tamén un “Remix Audiovisual” a cargo de MJ Pérez a partir da gravación orixinal a cargo de Mika Audiovisual.
Nom existe a morte
"Nom existe a morte", nace dun poema de Ricardo Carvalho Calero
Canción gravada en Drum&Roll Studios, en solitario baixo a produción de Iago Blanco.
videoclip coa colaboración especial de Laura Romero na ilustración e rotoscopia
https://www.youtube.com/watch?v=mBYawzNAyqM
Canción gravada en Drum&Roll Studios, en solitario baixo a produción de Iago Blanco.
videoclip coa colaboración especial de Laura Romero na ilustración e rotoscopia
https://www.youtube.com/watch?v=mBYawzNAyqM
A luz prendida (2020)
A Luz Prendida é o cuarto álbum de MJ Pérez, segundo de estudio. É un disco de 15 temas no que a luz é protagonista, presente de forma constante ao longo de todo o traballo.
A Luz Prendida” é un álbum autoproducido no que toda a produción executiva e artística correu a cargo de MJ Pérez.
IAGO BLANCO - Este disco foi Gravado, Misturado e Masterizado por Iago Blanco en Drum&Roll Studios.
ELOY VIDAL - Gravación de batería e percusión nalgúns dos temas e grabación de ventos nos estudios da Escola da Rúa (Carballo).
JOANA COSTA: Deseño xeral da liña artística do álbum e Ilustración.
LIDYA QUEIRUGA: Fotografía.
Maquetación do álbum: MJ Pérez.
A Luz Prendida
Mariluz
“Mariluz” é un tema inspirado nunha escena da obra “Elisa e Marcela” de A Panadaría.
"Mariluz” é unha critica ás cidades escaparate, que agochan a precariedade e a exclusión social, así coma á tendencia xeral de buscar o artificio e a sorpresa, quedando só no superficial.
Falan de Ti
Quen a ferro mata
Lyric video do tema "Quen a ferro mata"
Tema gravado, misturado e masterizado por Iago Blanco en Drum&Roll Studios.
DISCOGRAFÍA PREVIA:
CASANDRA (2017)
Este álbum que marca un antes e un despois na traxectoria da cantautora, xa que se trata dun traballo no que, sen deixar de lado a súa esencia, a artista explora novos camiños e estilos no eido musical.
Á xa coñecida banda composta por Diego Fiuza á guitarra, Inés Mirás ao baixo e Alberto Rama á batería, súmase unha lista de colaboracións que enriquecen notablemente este novo traballo. Trátase de Richi Casás nos ventos, Martiño Cabarcos na zanfona, Paco Cerdeira no Bouzouki, Ailén Kendelman (compoñente da formación Áureas) nas percusións e o artista da Costa da Morte Serj que interpreta un tema a dúo con MJ.
MJ Pérez Casandra
Este é o primeiro traballo de estudio da cantautora, que continúa no camiño da auto-produción, mais buscando continuamente a mellora disco tras disco. Casandra é un álbum gravado no estudio dos Locais de Ensaio do Concello de Arzúa, por tanto, dobremente especial para a artista, que na gravación e mistura contou co bo facer de Paco Cerdeira. Colaboraron tamén: Chou na asterización, Xoana Almar (de Cestola na Cachola) co deseño da portada do CD e o portugués Joel Faria deseñando unha serie de retratos que ilustran o interior do álbum. O Concello de Arzúa colaborou facilitando en todo momento o acceso e uso das instalacións do estudio, así como a axuda e preparación da presentación do disco, que será na Casa da Cultura.
O Fío do que Pendo
https://www.youtube.com/watch?v=G-aLyS-gV6I
“Ai de Min!”
Grabado, producido e editado por MJ Perez
en clave de Lyric Video.
Casandra, o título do disco é unha referencia ao mito grego de Casandra, quen posuía o don da profecía e era quen de adiviñar o futuro. A raíz dun conflito co deus Apolo, Casandra foi castigada: mantería o seu don, mais ninguén crería nela. A traxedia de Casandra chegou cando foi quen de prever a guerra e caída de Troia e ninguén creu nas súas súas advertencias.
Cando te canses
Este videoclip o fixeron na cidade de Porto (Portugal), Rubén Gasalla, Pablo Lomba e MJ Pérez.
Fotos:
Guerrilaira (2015), é o último traballo de MJ Pérez.
Un álbum con doce temas unidos por un motivo común: a guerra.
Un proxecto minimalista cheo de frescura que presenta unha evolución tanto a nivel interpretativo como musical con respecto aos traballos anteriores.
O resultado final é unha fusión de diversos estilos musicais, co predominio do rock-pop
.
O disco amósanos o escenario real dunha guerra: devastación, frustración, rabia... pero tamén ironía, enxeño, sutileza ou mesmamente amor. Isto, sumado á variedade de ritmos e á gran expresividade da artista, fai deste traballo unha experiencia íntima e singular.
Dentro dos seus temas, cómpre destaca:
A Guerrilleira, no que nada é oque parece, pois o seu claroscuro tórnase nun sopro de luz no seu final.
A forza e a rabia priman en temas comoMorder a Lingua ou A Peza Solta ... e a guerra continúa ata chegar ao seu punto final, onde con Quería Fuxir vemos como a veces a fin dun camiño non é máis que “o mero inicio do que está por vir” ... porque ao fin e ao cabo: mala herba nunca se mata
O álbum foi editado e gravado por Eloy Vidal, quen tamén fixo arranxosen varias cancións e colaborou durante todo o proceso de elaboración do CD.
A caratula foi deseñada pola artista portuguesa Joana Costa
e todo oseu interior foi traballo da propia María José.
Podedes escopitar, descargar e mesmo mercar os seus temas en:
http://mjperez.bandcamp.com/album/guerrilleira
MJ Pérez A Peza Solta
O tema é unha reedición dun dos temas do seu último disco "Guerrilleira", que experimenta unha transformación notoria coa incorporación da banda e a colaboración especial da poeta coruñesa Lidia Bao.
Videoclip producido por María José Pérez e O Valse.
Dirixido por Rubén Gasalla e Pablo Lomba.
Dirección de Fotografía: Rubén Gasalla.
Dirección de Arte: Pablo Lomba.
Coa colaboración de Martín Rei Leis (produción) e Marta F. Escobar (Foto Fixa)
“Ollos que non ven, síntoma de cegueira”
É o título que María escolle para este álbum auto-editado de 10 temas que a artista compartía a través da rede, na plataforma Bandcamp, a medida que gravaba. Deste xeito, foi un proxecto que se prolongou no tempo.
Tanto as letras como a música son creadas pola autora, así como a propia gravación e edición dos temas.
Este disco nace da intención de compartir os temas creados co público. María utiliza as cancións como un medio de expresión artística..
A autora fai das súas cancións “un xeito coma outro calquera de ciencia-ficción”. Dende o amor ata a frustración, son moitos os temas e as historias que nos presenta María nos seus temas, dende a ironía ou a picardía unhas veces e dende a sinxeleza noutras.
Nestes momentos, o disco está dispoñible para a súa escoita na rede a través de Bandcamp no seguinte enlace: https://mjperez.bandcamp.com
ou en
http://discosmodernos.bandcamp.com/album/mj-p-rez-lp-2013
Evidencia
MJ Pérez e Joshua Kenneth
Este video nace dunha idea común de MJ e Joshua que perseguían facer un proxecto en colaboración, mesturando a música co ilusionismo
Sempre
https://www.youtube.com/watch?v=trcPxvburoU
Fotos:
C O N T A C T O:
mjperez.oficial@gmail.com
Contratacion:
Seispés
Email: info@seispes.com
Teléfono: 682410689