I MOSTRA DE REGUEIFAS “DE REPENTE, EN COMPOSTELA”
Desafío, improvisación e enseño en verso
O venres 30 de decembro ás 19:30h no Auditorio do Museo do Pobo Galego, celébrase a 1ª Mostra de Regueifas.
A Coruña é zona de Regueifeiros, dado que é na comarca de Bergantiños onde se atopan os regueifeiros mais sobranceiros do País. Nos sus tempos esta arte da palabra, a medio camino entre a loita dialéctica, a comedia e a música, chegaba ata as terras de Compostela.
Animámosvos a disfrutar dun variado espectáculo de improvisación en verso, no que guiados polos membros do Proxecto Regueifesta iremos gozando dos desafíos entre:
Regueifeiros bergantiñáns Suso e Antonio de Xornes, neste intre, os sobranceiros representantes desta arte milenaria naquel punto do País.
Tres xeracións diferentes subirán ó escenario: Pinto d’Herbón, o seu fillo Xairo Vecinoe mais Alba María, saida dos últimos obradoiros regueifeiros impartidos por Pinto e Luís “O Caruncho” nas escolas viguesas.
Como figuras internacionais, teremos a parella de cantores ao desafío ou a desgarrada procedentes de Portugal, Cristiana Saa e Valter Sao Martinho, representantes dunha tradición moi arraigada nas terras do Miño e no Douro litoral.
E de entre os trovadores madrileños, chega dende Alcalá de Henares Kike Sabaté, alumno aventaxado do afamado repentista cubano, Alexis Díaz Pimentel, que está presente nos mais importantes Certames de Improvisación do Estado.
Promove este evento a Asociación ORAL de Galicia co patrocinio da Deputación Provincial de A Coruña, polo tanto a entrada é de balde.
Asociación ORAL de Galicia
Camiño do Pedregal, 6
36.314 Vigo
www.regueifa.org
Telf. 986 467 053