MANOLO BACALHAU

Manolo Bacalhau é um dos representantes vivos da canción tabernária ferrolana, aliás utente e coñecedor da vida e obras dos bares de sempre de Ferrol.

Nace en Ferrol, na barriada da Ponte de Caranza, ao pe do rio do Tronco... Medra o calor da familia da súa nai Clementina, (traballadora da PYSBE), composta de avós e irmáns (mulleres e homes), que tódolos domingos xuntábanse a xantar na casa materna e logo do café con achicoria,dábanse a facer a mellor dixestión do mundo..., cantar.
No 76 forma parte do Grupo Xarabal.
Ala polos 80, entra en contacto co grupo Saraivas, cos cales grava o LP , “Xa non podemos calar”.
En 1995 grava con Os Cempés o volumen 2 de Le Printemps de la Cornemuse, Morvan, (Francia).
No ano 97 colabora no disco, Mas que un Oficio de Paco Diez,(La Bazanca).

El sempre participou cuando se lle pediu en actos, homenaxes, actuacións nas folgas xerais, actos de solidariedade... é pois de xustiza que a coletividade lle axude a el tamém.

Máis a dia de hoxe nom tiña publicado ningun traballo. Asi pois Sondobar so é unha pequena mostra para comezar a recoller a súa obra, património cultural da cidade e da Galiza.

Sondobar (2017)
10 temas,e un DVD no 25 de abril nunha taberna, Cazadores, que pechou o día a seguir.

1- O Cavaleiro e o Anjo, Zeca Afonso,  adaptación.
2 As da boca, popular
3 Tango de Ferrol Vello, popular,
4, Cantiga, Curros, versión con guitarra de Lisboa,
5 Ya se va mi amor, versión habanera de tradición familiar,
6 Fui colher uma Roma, popular alentejana,
7 En Vuelo, música e letra propia,
8, Foliada do Cadaval, popular, derradeira tocada de Antón Varela,
9,A Emigración, Curros, música Xan Rubia,
10, Mágoa no Corazón,  Rosalía de Castro, música propia.

A ilustración da capa do CD/DVD foi cousa de  Leandro Lamas.

O traballo audiovisual realizouno Juanpa Ameneiros .

Manolo Bacallau Spiritual

https://www.youtube.com/watch?v=ynCy5BZk0WQ

 https://www.youtube.com/watch?v=ynCy5BZk0WQ

 

CONTACTO:

m.bacalhao@gmail.com

 

Que é Sondobar...?

É un proxecto cultural, impulsado por Joám Lopes, Lam Couce, Xende Lopes, Glória Martins, Bruno Lopes e o próprio Manolo Bacallau, con o que pretendemos recoñecer a obra e laboura do Manolo Bacallau pola conservación e divulgación da música popular e tradicional da comarca de Trasancos (Galiza). Cantares principalmente interpretados en bares e en todos aqueles lugares onde cantar, espontánea e libremente, só ou en grupo, era e ainda é posíbel.