Entrevista a FLÚE


1-Primeiro de todo,felicitarvos polo discazo que acabades de publicar.Explicádenos un pouco quén son os Flúe.

-Moitas gracias polo cumplido jaja,nós tamén cremos que é un disco ben intenso.
FLÚE somos una banda formada a principios de 2016 en Santiago DC por 4 persoaxes do mundillo rockeiro metaleiro que xa nos coñeciamos desde facía ben tempo.Rafa Fulas-batería,Roberto Filgueira-voz,Roberto Couto-guitarra e Iván Bernárdez-baixo
Durante este tempo preparamos un repertorio propio duns 13 temas íntegramente en galego,publicamos 2 videoclips e agora presentamos o noso primeiro disco”Flúe”.

Todo segue igual
https://www.youtube.com/watch?v=K_tqH4hrMdQ

Contra corrente
https://www.youtube.com/watch?v=AiU8HS_pFWY

2-Todos procededes de bandas con amplia bagaxe na escena galega se non teño entendido mal.

-Poderiase decir que sí,vimos de grupos como Invivo,Tungsteno,Som do Galpom…entre outros.
Agora mesmo,trala marcha de Iván,tamén contamos co exbaixista de Medomedá,o señor Mr.Pat…todo un luxo de primeira división vamos.

3-Contádenos como foi o proceso de gravación do disco:

-“Flúe” foi gravado nos estudios Pousada Son entre outubro e novembro de 2017 coa producción de Yago Pico.Está formado por 8 temas e unha intro composta por DJ Mil.



4-Yago Pico desde fai uns anos está sendo un dos productores de rock máis cotizados,qué opinades?

-A verdade é que é un gran profesional que aporta o seu toque selecto ós temas e nótase,ten una visión dos temas que axuda a medrar moito o disco en xeral .Un feixe de bandas xa traballaron con él,xente como Nao,Ruxe Ruxe,Deseqilibrio Mental,The Lakazans,etc

5-Cómo xurdiu a colaboración de Dj Mil(Woyza,García Mc,Comando Katana)?

-Tivemos que amenazalo porque é un tío duro de pelar jajaja
Mil é irmán do noso batería e queríamos que fixese algo para nós.O seu traballo alónxase do prototipo de intro que esperarías,dá un toque distinto desde o principio.

6-Vós definídesvos como“rock metalizado”,qué é iso?

-Jaja,é una forma de indicar que tanto nos influe o rock como o metal,tamén se nos daba por clasificalo como”metal enrockecido”.
No disco atoparedes rock,metal,melodía,gutural,partes máis stoner,outras con máis groove…un pouco de todo o que nos gusta.

7-Chámanos un pouco a atención o libreto do disco,non é a idea de diseño que nos pode vir á cabeza ó falar dun grupo como o voso.Qué nos podedes contar?

-O diseño é obra de José María Picón,deseñador cun amplio traballo con bandas de rock e metal.
Estamos moi contentos co seu traballo.No libreto aparece auga fluíndo entre rochas e cuns tonos azuís que se alonxan de ideas preconcebidas . Aporta sobriedade,é diferente.


8-Qué plans ten FLÚE a corto prazo que nos poidades contar?
-En breve anunciaremos os primeiros concertos e esperamos poder publicar un novo videoclip.

9-Cómo se pode conseguir o disco?

O cd físico pódese acadar nos concertos ou poñéndose en contacto co grupo a través de Facebook ou mail.

https://www.facebook.com/Flue.grupo/

flue.grupo@gmail.com

-No bandcamp da banda pódese obter o disco con descarga gratuita.
https://fluegrupo.bandcamp.com/album/fl-e


Tamén está dispoñible a escoita íntegra en YouTube e Spotify
FLÚE- Album completo-2017



10-Xa nos despedimos dos FLÚE agradecéndolles o seu tempo e desexándolles o mellor con este disco que ben o merece,con seguridade un dos mellores traballos en Galicia no 2018.Algunha  cousa más que engadir?

-Gracias a ti polo interese e polo grandísmo traballo que realizas en apoio a música galega.
Vémonos nos concertos!