LENDA ARTABA


Lenda Ártabra nace en Ferrol no ano 2013 con músicos procedentes de outras formacións xa disoltas co obxetivo de diferenciarse dos outros grupos folk da comarca. Dende entón participaron en numerosos festivais como o Demandafolk en Burgos ou o Festival Irmandiño de Moeche.

Un coidado especial na composición e na recollida das letras das cancións, unhas liñas melódicas marcadas polos sons tradicionais e unha mestura de estilos fan que o repertorio musical de Lenda Ártabra nos inicie nunha viaxe dende o eiro tradicional ata os novos ritmos.

Ao longo destos anos o traballo de composición e tamén de recollida foi a base fundamental.
Cun obxectivo claro, que era o comezo dunha carreira discográfica que servise como carta de presentación para dar a coñecer o traballo feito nos concertos en directo.

O disco “Din de Min” conta con 13 temas na súa mayoría de composición propia, aínda que alternando con algún tema de corte tradicional. Tamén conta con colaboracións coma a do vocalista de Celtas Cortos Jesús Hernández Cifuentes “Cifu” nun tema adicado á cidade de Ferrol.

Gravouse e misturouse no estudio de Miguel López Cuba, O Temple (Cambre).

O deseño tanto da portada como a do libreto é obra de Garabatos de Juanlu.



Temas:

Estreliña do luceiro
De boa familia
Din de Min
Detroit
Perdo o mar
Virxe da Barca
Pra ninguén
Santa Ana
Saudades
Amianto
Golmar
Calade!
Baixo as estrelas


DISCOGRAFIA PREVIA:

"Noites de Lenda".
Un traballo cun total de 14 temas nos que se pode atopar ritmos como xotas, muiñeiras, maneos ou marchas.
Coa ilustración dun dos mellores diseñadores de Galicia, Juanlu Fernández (Garabatos de Juanlu), o libreto do disco é, xa por si, unha ledicia.
Cancións compostas integramente polo grupo, poemas musicalizados de Rosalía de Castro ou Xurxo Gago e algunha peza instrumental e tradicional forman o primeiro traballo discográfico de Lenda Ártabra.




Camiñando pra Ferrol

https://www.youtube.com/watch?v=nNGGZ-EzOCo

 https://www.youtube.com/watch?v=nNGGZ-EzOCo

Muiñeira do Bertón

https://www.youtube.com/watch?v=aYG0R6nzI7E


MÁIS INFO EN:

www.lendaartabra.com

https://www.facebook.com/lendaartabra

www.twitter.com/lendaartabra

CONTACTO:


lendaartabra@gmail.com