DAKIDARRÍA Eterno festival Dirixido por: Alberto Lora https://www.youtube.com/watch?time_continue=45&v=hFUo6FRwc3s |
Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) Gaitas marcianas no deporte coruñés O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG), a través deste escrito, quere manifestar de novo o seu malestar e indignación aos organizadores e colaboradores dalgúns dos eventos deportivos con repercusión a nivel estatal que dende hai uns anos veñen celebrándose na cidade da Coruña. Xa o fixemos cando aconteceu a Final da Copa do Rei de Baloncesto do ano 2016 e agora repetimos coa Final do Campionato Europeo de Hockey sobre patíns de hai uns días. Competicións nas que tamén colabora o Concello da Coruña a través da Concellería de Cultura, Deporte e Coñecemento e que semella impasible ante estes feitos que degradan a cultura musical de todo un pobo. O CDG considera inaceptable esta teima inxustificada de invitar á Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense, unha formación musical pseudo-galega que semella máis de Escocia que de Galicia e que da unha imaxe errónea e confusa da nosa música alá por onde actúa, xa que emprega elementos copiados e inspirados nas bandas de gaitas escocesas, como moita xente xa sabe. É unha vergoña que esta agrupación pretenda amosar ao mundo que a súa música é xenuínamente galega, cando é todo menos iso. As súas gaitas, percusións, estética e vestimenta non nos representan. Por moito que algúns insistan, iso non é de aquí. Na Coruña e en moitos outros lugares de Galicia existen bandas de gaitas e agrupacións musicais que si soan a galego e que empregan elementos musicais propios da nosa terra, sen ter que recurrir a copias malfeitas. Non é necesario asumir como propio un modelo alleo nin amosar un incomprensible complexo de inferioridade con respecto a outras culturas. Basta xa de manipulacións malintencionadas que confunden e enganan á xente. Só pedimos respecto para a nosa música. Unha vez máis. Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) |
Nastasia Zürcher Espertos Ao vivo na Sala Radar Estudios Tema en galego incluido no seu disco "BEAT" https://www.youtube.com/watch?v=RMieH7wKL-U |
Chico Cabalo obradoiro músicasbarxas Unha curtametraxe sobre o respecto á diferenza e sobre a violencia de xénero, realizada polo alumnado de música de 1º Bach. do IES As Barxas (Moaña) Coordinación do proxecto: Seso Durán https://www.youtube.com/watch?v=Sqr3Mp8qSOU&t=755s |
DOA O Meu Amigo Era Artesán Ao vivo en RNE cunha formación especial en formato dúo. https://www.youtube.com/watch?v=sco3IhfJMYQ |
As Cantigas de Elena Toutón As Cantigas de Elena presentouse, como non podería ser doutro xeito, en Toutón, que ven sendo coma un nódulo na rede que agruma a música de raiz do pais. Ainda sendo unha camara externa, e sendo consciente de perderme parte do que ali acontecia, tentei reflectir o momento. Máis fotos en: http://musicaengalego.blogspot.com/2017/07/fotos-as-cantigas-de-elena-en-touton.html |
Alex Millet Experiencias Polo regho do pop chega a nosa Via Stellae particular Allex Millet !! http://musicaengalego.blogspot.com/2018/07/alex-millet.html |
IRIEMAN Ft. Tejón Jones Non atenden Un tema na nosa fala en homenaxe a todxs xs músicxs e artistas que son reprimidxs soamente por expresarse. https://www.youtube.com/watch?v=ilXSr2AWunA |
TIMPARRANTELA O Tío do Curruncho Timparrantela é unha formación feminina nada na cidade de Ourense que interpreta música de raíz e de autora. https://www.youtube.com/watch?v=-_27FIv1Tg4 |
Roger de Flor Xirimbao Tema adicado a Xirimabo, lugar situado no corazón da Galiza, ao rente do río Ulla Fotografías son do fotógrafo ferrolán Óscar Millarengo. https://www.youtube.com/watch?v=B3K1Fc92xvo |
Tecor societário Velhos contos https://www.youtube.com/watch?v=QaEfzSjdT4M&feature=youtu.be |
Ceive Esqueze Prod. de Evilkuff https://www.youtube.com/watch?v=3QO-NH4WiqM&app=desktop |
ALEX MILLET ALZAREI https://www.youtube.com/watch?v=Ks0n6-tni3o |
SESO DURAN Esperanza (Directo Salason) Juan Cella Audiovisual https://www.youtube.com/watch?v=4qZyVqzRhjM |
AS CANTIGAS DE ELENA Fotos Miki Mondariz A pasada fin de semana presentouse en Touton o disco as Cantigas de Elena. Ali coñecin a Miki Mondariz, fotografo que reflicte coa súa obra a historias do seu pobo. Ademais de por ao meu dispor os seus obxectivos remitiume o enlace onde publicou as súas fotos, que eu compatrto con todas e todos vos. http://www.megustamipueblo.com/2018/07/01/concerto-en-touton/ |
Cantigas e Agarimos O corazón aberto Hoxe domingo 1 de xullo ás 21:00 horas no Teatro Principal en Compostela e con entrada de balde presentase O Corazón Aberto, o novo disco de Cantigas e Agarimos adicado á memoria de Luis Porteiro Garea. http://musicaengalego.blogspot.com/2017/07/cantigas-e-agarimos.html |
> | Xerion Liçom de tebras XERIÓN fai Metal Galaico Extremo. XERIÓN forma parte do Negro Círculo Minhoto Cançom que aparecerá no compartido em cinta com TENEBROSITAS assí como no novo album "A essência do Abismo" https://xeriongaliza.bandcamp.com/track/li-om-de-tebras-versom-do-solst-cio-de-veram-2018 |
A Gramola Gominola A fábrica de Carmela Videoclip do tema pertencente ó libro+cd CANCIÓNS PARA DESAFINAR (2017), publicado por Sonárbore e Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Infantil. https://www.youtube.com/watch?v=yZ2V88BPXhw |
AS CANTIGAS DE ELENA en Toutón O sábado 30 de xuño, Pipo Alvariño, María Vidal Solla e Miryam González, presentaron o seu traballo discográfico, As Cantigas de Elena, en Toutón (Mondariz). Toda a info da formacion, o disco, ... en: http://musicaengalego.blogspot.com/2017/06/as-cantigas-da-elena.html |
MAIS NOVAS EN : https://musicaengalego.blogspot.com/2018/06/novas-xuno-2018.html