CANTIGAS E AGARIMOS

Cantigas e Agarimos presenta o seu novo traballo discográfico que leva por título “O Corazón Aberto”. Nel inclúense 14 temas das 3 seccións que conforman a Agrupación: coro, instrumental e pandeireteiras, todas elas pezas tradicionais ou composicións na súa maioría extraídas do extenso arquivo de Cantigas e Agarimos.








TEMAS

01 – Foliada de San Xoán

02 – Airiños, airiños aires

03 – Cantiga de Palas de Rei

04 – Pandeiretada de Muxía

05 – O Pote

06 – Monte Viso

07 – Xota e Muiñeira de Caroi

08 – Foliada d’A morte do gaiteiro

09 – A cinta de namorare

10 – Pandeiretada de Rendal

11 – Polca de Castrillón

12 – Carmeliña

13 – Pandeiro de Ribadavia

14 – Foliada de Noia

O disco está adicado á memoria de Luis Porteiro Garea no centenario do seu pasamento, un dos fundadores e principal líder das Irmandades da Fala, e vicepresidente do coro compostelán “Queixumes dos Pinos”, antecedente directo de Cantigas e Agarimos, que viu truncada a súa traxectoria pola chamada gripe española. Da súa valía dannos idea os versos que Ramón Cabanillas lle dedicou no poema ¡En pé!, que se convertiría no himno das Irmandades e do que provén o título deste traballo.



Cantigas e Agarimos mantén neste disco o seu firme compromiso coa defensa da lingua, a música e o patrimonio histórico e cultural de Galicia, feito que se reflicte tanto na estética como no contido do traballo, que foi gravado e mesturado por Xaquín Xesteira e masterizado por Segundo Grandío (Casa de Tolos). A fotografía é de Juan Luís Rúa e o deseño gráfico correu a cargo de Martiño Picallo, nunha produción propia de Cantigas e Agarimos editada por Treixadura.