CHUCHES AMIL nace da man de Fran Amil, músico, compositor e productor coruñés que dende os anos 90 pasou por algún dos grupos chave do movemento Bravú (Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto) e que actualmente forma parte dos grupos Tres Trebóns e Ulträqäns.
Monstros, con ou sen consentimento
Cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar. E tamén moitos monstros, que medo! E contos, soños e alegría neste novo libro-cd de Chuches Amil.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Un conto ao Revés (2015)
"Un conto ao Revés" deChuches Amil e da Editorial Galaxia, que pon nas nosas mans un pequeno tesouro que encheu o meu corazón de alegría e de bo humor¡¡ Un libro-disco de novo, é dicir, un libro con banda sonora orixinal, como as pelis¡¡..."
O libro-disco vai acompañado dunha historia protagonizada por dous nenos que, mergullados no mundo do sono, van vivir mil aventuras nas que nada é o que parece porque todo, absolutamente todo, está do revés.
Un exercicio de fantasía que CHUCHES AMIL convirte tamén nunhas cancións onde as boas melodías e o rock teñen a súa parte de protagonismo.
Soñadores que soñan historias que son soños, cancións para facernos rir e cantar.
Preparado para vivir unha aventura singular?
Pois entre a ler, a escoitar, a soñar.
Música e letra compostas íntegramente por Fran Amil. A historia central é idea de Fran Amil xunto con Cristina Sanmartín e Javi Prieto, quen é o ilustrador da historia e quen guionizou o conto que acompaña ás cancións.
Os músicos participantes na gravación foron: Tito Calviño e Manuel Seoane (guitarras), Antón Díaz (baixo eléctrico), Ricardo Casás (saxos alto, tenor e soprano; trompeta e clarinete), Pablo Añón (saxo), Aarón Bouzón (frauta traveseira), Cristina Asenjo (Teclado), Álex Fente (acordeón), Sara Vázquez (voz) e Fran Amil (batería, voz e programacións).
O disco foi gravado en Estudios Amil e mesturado en Estudios A Ponte. Masterizado polo Doutor Chou.
No seguinte enlace podedes escoitar tres temas do disco: Un conto ao revés; Os porcos das Fragas do Eume; e Unha illa no océano dos soños.
Ilustracións de Javi Prieto
Editado por Galaxia colección Sonárbore.
Chuches Amil presentase en directo en varios formatos:
Fran Amil na guitarra acústica e voz, en solitario;
Fran Amil e Ricardo Casás (Saxo alto, frauta e clarinete baixo) en formato dúo; e
Ricardo Casás, Miguel Paz (batería), Álex Bardanca (baixo), Bernardo Pita (guitarra eléctrica) e Fran Amil (guitarra acústica e voz
CONTACTO:
franamil@gmail.com
638-600-297
facebook:
https://www.facebook.com/profile.php?id=100009968911173

Palabras y Mundos