Luis Vallecillo, músico, compositor e titiriteiro crea dende o 2011 proxectos de música infantil e familiar.
Luis Vallecillo malia ter nacido en Madrid, centra a súa produción creadora na nosa lingua.
Mais info sobre os seus proxectos en: http://www.luisvallecillo.net/
Cantamos ? (2018)
Cantamos ? é a primeira proposta editorial deste artista multidisciplinar.
A escritora, actriz e contadora Celtia Figueiras encárgase de asinar os textos do audiolibro. A súa andaina escénica como dramaturga e actriz principiou en 2007 coa compañía de monicreques A Xanela do Maxín. Tras máis de 500 representacións, Figueiras iniciou en 2015 unha nova andaina como contadora para reivindicar a narración oral como parte indispensable da pedagoxía infantil.
Blanca Millán é a autora das ilustracións de Cantamos? Cunha longa traxectoria no mundo da ilustración, Millán ten publicado obras como Lola e as 21 vacas (Triqueta Verde, 2018), Manuela (Editorial Bolanda, 2018), A maxia de mamá (Bolanda, 2017), Pato Mareado, el Sol ha llegado (2017) ou Humanidade e patrimonio natural lucense (Deputación de Lugo, 2017).
Pablo Pérez Sanmamed encárgouse da produción musical Este contrabaixista e compositor de fonda formación conta na súa dilatada produción con música para teatro, danza, publicidade e audiovisual. Ten participado en discos con Germán Coppini, Banda Crebinsky, Fía na Roca ou Omega, entre outros. No seu haber, conta con diversos galardóns, como é o Premio á mellor música
orixinal pola banda sonora de Crebinsky no Festival de Cine Español en Toulouse ou primeiro premio World Músico outorgado por Músicos ao Vivo no ano 2013 e no 2016.
O audiolibro Cantamos? preséntase como unha obra tanto educativa como lúdica, chea de emocións, contos e cancións. A música emprégase como vía para xogar e bailar, mentres que os debuxos e as letras fomentan a imaxinación dos lectores máis novos. A historia de Cantamos? céntrase no propio Luis Vallecillo e en Rosi, unha monicreque á que lle encantan a música e máis os contos. Ambos os dous convidan a cantar a e a descubrir unha fantasía na que todo é posible.
En definitiva, Cantamos? é unha proposta na que os contos clásicos volven dun xeito diferente, transformados en divertidas cancións. O libro contén un cd de música e audio-contos, ademais de pictogramas para facilitar a lectura a persoas con necesidades especiais e prelectores, tratando de ser tamén unha ferramenta inclusiva e integradora.
Ademais de presentarse como audiolibro, desenvolverase tamén en formato escénico e musical nunha montaxe destinada a todos os públicos. Así, esta nova peza unirase a outros espectáculos que Vallecillo lle regalou ao público na última década como son O bigote de Mimí, Cantamos un conto?, O mundo de Carliños ou Cantares das letras.
Para mais información e entrevistas,
Alberto Ramos
TLF: 653 78 28 38

Luis Vallecillo Xogos Populares