Catro anos despois de A incrible historia dos homes minguantes (2021), Minguante regresa con Pequenos incendios (2026), un segundo disco que reafirma a personalidade do dúo formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez e amplía o seu pop de autor cara a territorios máis electrónicos. Ao longo de oito cancións compostas, interpretadas e producidas por eles mesmos —e masterizadas por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro—, o grupo transforma esas experiencias aparentemente insignificantes que acaban condicionando a vida en relatos íntimos, melodías coidadas e atmosferas nas que a canción de autor dialoga co indie, os sintetizadores e as programacións. As colaboracións de Juan Silva á batería en “Canción de amor express” e “Furacán”, e de Caxade no acordeón e nos coros de “Rapaz” engaden novos matices a un traballo publicado tanto en formato dixital como nunha edición física en libro-disco ilustrada por Daniel Barbazán. Temas como “Para saber de ti” ou “Rapaz” condensan a sensibilidade dun álbum construído arredor das pequenas combustións emocionais do cotián: incendios discretos, pero decisivos, que Minguante converte en cancións próximas, delicadas e envolventes.
Falame sempre é un EP de catro temas dos Lelli Kellys. Polo de agora o seu último traballo discográgico.
Perdón o primeiro LP dos Lelli Kellys