OS SONS DA LIMIA

OS SONS DA LIMIA Cástor Castro
Libro-CD
Sons da Limia é unha nova publicación promovida polo Concello de Vilar de Santos, Museo da Limia, Consellerías de Innovación e Industria e Cultura e Deporte, Xacobeo, Universidade de Vigo e o Proxecto Ronsel.
 
No Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional dábase a coñecer apenas unha pequena parte da información de que se dispoñía. Nesta segunda entrega, inclúese igualmente unha selección do amplo material sonoro de que se dispón.

O libro componse dun texto introdutorio de Pablo Carpintero, no que se contextualiza o feito musical na comarca da Llimia e dun segundo texto, de Cástor Castro, con comentarios sobre cada unha das gravacións musicais incluídas no disco. Un último apartado inclúe bibliografía, discografía e videografía da música da Limia.

O disco ofrece unha selección de rexistros musicais, a súa distribución xeográfica, o instrumento utilizado, o xénero musical ou o interese particular dalgunhas interpretacións e pezas musicais. 70 minutos cunha selección de 38 gravacións de campo de música tradicional limiá.

Ideou, produziu e editoou... editorial é DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS e na súa web (www.difusora.org) podedes ampliar info sobre a  obra.
Distribución:
Torre Libros Distribución de Editoriales
PVP: 15 euros
Depósito legal: OU 63-2009 ISBN: 978-84937090-3-7
48 páxinas en bicolor
Capas en cor
Encadernación en capa dura.
Vai acompañado dun CD musical.