AGUSTIN SANCHEZ

Para escoitar AGUSTIN SANCHEZ preme EIQUI

“Pezas de aquí e acolá” (Autoeditado 2012), é o título do seu primeiro traballo discográfico dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Nel mestúrase a muiñeira, a xota e o pasodobre, a música de “aquí”, coas sonoridades e ritmos máis representativos do novo continente, a música de “acolá”, achegándonos a países como Arxentina, Venezuela, Cuba ou EE.UU.
Traballo producido e gravado integramente por Agustin Sanchez, constitúe un traballo enraizado na tradición porén ao mesmo tempo aberto ao mundo, sen complexos, cheo de novos recendos, empregando unicamente a sonoridade propiciada polas gaitas e a percusión tradicional.
Poderedes atopar máis información, escoitar algúns dos seus temas, así como mercar o CD, entrando no menú ‘Discografía’ de www.agustingaiteiro.com

PREZO: 10 € (gastos de envío non incluídos)

*O Cd inclúe as partituras dos temas en formato Pdf




musicaengalego agustin Sanchez
musica en galego agustin sanchez