BALAKANDRA

Para escoitar BALAKANDRA preme eiqui

Son:
Amparo Calvo: percusións e voz
Martín Sanjurjo: guitarra, dobro, mandolina e voz
Ruben Lamas: Baixo
Manuel Dopico: guitarra  e voz
Abel Leonardo: guitarra eléctrica e acústica
Farru Rodriguez: batería e percusións
Alejandro Rey: batería



Balakandra nace en San Sadurniño no ano 2004 no seo do mítico grupo "Saraibas", froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Despois de 8 anos de camiño, actuando en infinidade de salas, auditorios e festivais de toda Galicia na procura do seu "son", o vindeiro mes de maio lanzan o seu primeiro traballo discografico, gravado nos Estudios "A Ponte" de Santiago de Compostela por Tomas Ageitos.

A súa música: Dificil sería poner una etiqueta ó que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ó público nesta fermosa viaxe.


 Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina.






Contacto:
 ivansanjurjo@gmail.com T.- 649381132
musica en galego balandraka
musicaengalego balandraka