Para escoitar XABIER DIAZ preme eiqui
Xabier Díaz (A Coruña, 1969).
Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.
Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.
Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.
Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).
Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.
Xabier Díaz (A Coruña, 1969).
Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.
Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.
Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.
Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).
Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
Rumboia viva
Rumboia viva
Primeiro adianto de "Axúdame a sentir" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que ten previsto sair en febreiro de 2024
Sempre quixen facer unha caixa de música con algunha canción, este é un dos arrolos de "Levantarse e caer", chámase "O Melro azul" Edición limitada e podes mercala aquí: https://store.xabierdiaz.com/product/levantarse-e-caer-edicion-coleccionista/
O artista galego lanza novo traballo en solitario, paralelo ao seu traballo xunto a Adufeiras de Salitre, no que profunda nos conceptos de resiliencia, os impactos sociais que recibimos como individuos na infancia e a súa importancia na posterior construción individual e colectiva. Reflexiona sobre o paradigma do éxito, etc. Todo desde unha perspectiva intimista e personalísima, mirando á infancia sen perder de vista o presente.
O disco, que contén 10 temas que teñen a canción como elemento vertebrador do álbum, conta cunha edición limitada cunha caixiña de música na que pode escoitarse un dos arrolos.
“Levantarse e Caer” é un traballo honesto no que Xabier Díaz explora os recordos da infancia, a perspectiva adulta do éxito e a necesidade de querer e querernos máis e mellor como unha forma de sandar as feridas e construír unha realidade máis amable.
Xabier Díaz Levantarse e caer Primeiro single de "Levantarse e caer" de Xabier Díaz (Axúdame a sentir - Abril 2022) Grafismos de: Iria Fafián https://www.youtube.com/watch?v=rkjBKtLGJcM |
Xabier Díaz María e a curuxa Segundo single de "Levantarse e caer" de Xabier Díaz (Axúdame a sentir - Abril 2022). https://www.youtube.com/watch?v=H7PJEIASplw |
Xabier diaz Cantos de Salitre - Museo do Mar Maneo e Muiñeira de Arnados Video de Carlos Abal Lobato. https://www.youtube.com/watch?v=CQhHORo8Dts |
Xabier Diaz Piornedo Sega de Vilaver, Moliñeira de Degrada e Xota de Candín 🎥 Carlos Abal Lobato Pallozas de Piornedo, Concello de Cervantes (Lugo) https://www.youtube.com/watch?v=LDxy-R3WhJE |
Xabier Diaz Cantos de Salitre Cantar e Muiñeira de Monzo Praia das Catedrais https://www.youtube.com/watch?v=6CCfgD7-Jzw |
Xabier Diaz Cantos de Salitre - Muxía O meu país, a miña música lalá de Muxía no Santuario da Virxe da Barca Video Carlos Abal Lobato https://www.youtube.com/watch?v=Q0odH4PmQLQ |
As catedrais silenciadas
Fotografia de Marcos Budiño dende o interior dunha de tantas escolas abandonadas, lonxe do eixo Atlántico ou do Camiño de Santiago... Está concretamente no lugar de Pacios, parroquia de Chouzán, no concello de Carballedo (prov Ourense). Foi construida polas propias veciñas, e hai apróximadamente 50 anos extinguiu a súa actividade.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Noró (2018)
Composto por 13 cancións, Noró é toda unha homenaxe ao norte, ao seu clima, ás vidas das súa xente e, por suposto, ás súas músicas.
Nurtha, Nord, Norte… Noró, é unha revisión actual dun traballo de investigación e recuperación de músicas chegadas dende A Fonsagrada, Laxe, Nuez de Aliste, Vimianzo ou Quintanilla del Monte…, pezas que conforman o noso ADN musical.
“O norte é case un estado emocional para min. Gústame o seu frío, a auga, a humidade e a música. No norte hai música en tódalas cousas. É unha música sólida, ancestral e serena”. " “este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de rematar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia do Tambourine Man, como se quixera tatuar con tinta indelébel o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república adufeira na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explicite”.
sinala Xabier Díaz.
Músicas de Salitre 2018 ©, o novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre O baile de Noró
Primeiro single de "Noró" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Músicas de Salitre - Febreiro 2018).
A Mázcara Unha fala e un cantar
Vídeo: Javier Álvarez
‘The tambourine man’, ( 2015)
Xabier Díaz alíase coas Adufeiras de Salitre para reinterpretar a tradición galega.
Trátase do disco máis ambicioso do cantor coruñés que xunto coas Adufeiras, un grupo de 11 percusionistas e cantoras de música tradicional, realiza un traballo de renovación da música popular galega engadíndolle un enfoque vangardista e diferenciado.
Neste traballo están ademais acompañados por Gutier Álvarez (zanfona e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
Neste traballo, no que Xabier Díaz lle engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradicionais galegos e un castelán, tamén colaboran destacados músicos da música tradicional ibérica, como Kepa Junkera e Aleix Tobias (Coetus), ademais doutros músicos galegos como Xosé Manuel Budiño, Fernando Barroso ou Alfonso Merino.
"Cantiga da Montaña" adianto do novo disco de Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre
“No principio de todo foi a percusión a que construíu a nosa música popular, e seguramente a que estableceu o vínculo entre esta e o baile. O máis singular deste proxecto é que regresamos outra vez ao principio de todo, dende o século XXI, claro”, explica o músico coruñés. “Por unha parte está a vella idea na miña cabeza de facer un traballo no que a voz e a percusión foran os elementos principais, e por outra parte estaba a enerxía que se ía xerando no local de ensaio cando me xuntaba coas Adufeiras”.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Capra Aegagrus Hircus (Muiñeira do Cañizo)
Díaz cónta ‘The Tambourine Man’ así: “O disco confórmano once cortes que levaban bastante tempo aniñando na miña cabeza, así que baixei ao meu estudo de gravación e empecei a fornealos con moita calma. Levar esas marabillas que eu escoitara ás mulleres das aldeas a outros universos, a outros países, parecíame un xeito marabilloso de espallar esas sementes polo mundo”. “Na miña carreira o disco supón un punto de inflexión, de renacemento, de regresar outra vez ao principio. Son un tipo tremendamente curioso e sedúceme moito a idea de transitar por camiños diferentes sen ter moi en conta cal vai ser o destino, simplemente deixándome disfrutar da viaxe”.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Langueirón
DITRIBUE:
NUBA Records / KARONTE Distribuciones Madrid.
CONTRATACION:
Producciones Mirmidon S.L.
NUBA Records / KARONTE Distribuciones Madrid.
CONTRATACION:
Producciones Mirmidon S.L.
En 2004 xunto co guitarrista Guillermo Fernández, edita o disco “Músicas de Salitre" traballo que os levará a ser finalistas nos premios da Academia da Música no 2005, acadando ademáis o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano.
No seu segundo traballo “Coplas para Icía” (2007), rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do estenso traballo que el mesmo leva a cabo entre os anos 1990 e 2000. En “Coplas para Icía” ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias.
aCadaCanto (2012)
GUADI GALEGO,
GUADI GALEGO,
XABIER DÍAZ,
GUILLERME FERNÁNDEZ E
XOSÉ LOIS ROMERO
Neste proxecto musical conflúiron por primeira vez de maneira conxunta as carreiras musicais destes catro músicos; compañeiros en outras formacións coma Berrogüetto, Espido, ou Nova Galega de Danza, os catro xúntanse na gravación do sexto disco de Músicas de Salitre.
Autoproducido, aCadaCanto fórmano trece cancións, a maioría orixinais e algunha procedente da música tradicional. “A procedencia dos textos e músicas é diversa, aínda que ao final conquerimos unha unidade estética e lírica”, indican os catro responsables do disco. Algunhas das cancións foron feitas para outros discos e remataron neste, coma Aurora ou Lírica do silencio; algunhas, coma Dous meses son de procedencia tradicional, e outras da lírica culta de autores galegos da talla de Xosé María Alvarez Blázquez ou Carlos Rivero.