Davide Salvado é unha das voces máis representativas da Galiza. Este autodidacta leva media vida percorrendo as aldeias galegas na percura de ritmos, coplas e danzas.
Davide Salvado participou en diversos proxectos como a banda de Xosé Manuel Budiño ou a Banda das Crechas e Ecléctica Ensemble, ademáis de actor e performer.
Davide foi escollido polo xurado internacional para a sección oficial de WOMEX 2014, a feira de World Music máis importante do mundo. Grazas a isto, conseguiu unha gran presenza nos medios especializados de todo o mundo e xa comezou a súa carreira internacional con datas confirmadas en festivais e concertos de diferentes países.
Davide Salvado Sega O son da intimidade, a aguilloada dos sintetizadores, unha voz ferida. Sega. Sega. O cantar da soidade extrema do rural, afastado das románticas estampas da Galicia máxica. https://www.youtube.com/watch?v=hRvmKJ6PIIk |
LOBOS (2015)
Temas dio disco:
1. Gargamala
2. O Manso
3. Muiñeira Maronda
4. Helena
5. Gora
6. Lobos
7. Só
8. A Vida
9. Os Pasos da Fraga
10. Liulfe
LOBOS está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.
LOBOS, está producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), e colaboran músicos do talle de Xavi Lozano (Coetus), Quim Farinha (Berrogüetto), Miguel Hiroshi ou LAR Legido (Sumrra), entre outros.
DAVIDE SALVADO A VIDA
DISCOGRAFIA PREVIA:
Arnica Pura
Tras dez anos nos escearios, presentou o seu disco con 11 temas con letras en gallgo, portugués e castelan máis un poema de Lucía Aldao.
Respecto o título do disco, contar que unha señora das montañas asturianas dixolle a Davide que su voz era árnica pura, nome que se lle da a unha hierba hierba medicinal que é de remedio contra os golpes, escordaduras e algunhas afeccións respiratorias. Esta delicada pranta actualmente atopase en perigo de extinción debido á contaminación.
A Davide gustoulle tanto a comparación que decidiu chamarlle Árnica pura a su debut discográfico.
O Ladrón de Amorodos, un novo espectáculo a trío xunto ao acordeonista, Santi Cribeiro e aol precusionista Cristian Silva.
En febreiro de 2015 editouse o disco Rústica, un proxecto moi especial xunto a Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña.
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/01/rustica.html
Agora compaxina as presentaciones deste traballo coa grabación do seu novo disco, Lobos. Un LP que pretende ser un agradecemiento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anómimas, que ensinaron a Davide a se-lo que é.
CONTACTO:
aitana.eanes@gmail.com